Mostrando entradas con la etiqueta zombi. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta zombi. Mostrar todas las entradas

26/8/09

17. Curioseando pola rede


Despois do
zombi-post inicial, atopei algunhas cousas máis relacionadas co tema, destacando entre elas "Apocalipsis Z", novela do pontevedrés Manel Loureiro que foi publicada como consecuencia do éxito do blog homónimo, que empezou como unha especie de diario (o que fai moi atractivo como formato, aquí está a primeira páxina para poder ver o formato orixinal) e grazas ó boca a boca foise facendo cada vez máis coñecido ata chegar ó papel.
A cousa foi tan ben que xa hai unha segunda parte, "Los días oscuros", á espera de ser publicada, posiblemente este outono.

Ademais, tamén me chegou este curioso (a cursiva é porque non atopo palabras) vídeo, vía Fran, no que se nos avisa claramente dos perigos das drogas, o que non advirte é dos perigos do vídeo en si, momentazos frikis en sicodélica sucesión crecente. Moi forte o do pelo afro!

Recomendacións:
  • Unha vez recuperados, imos dar un xiro radical, rematei onte a novela "Tenemos que hablar de Kevin", de Lionel Shriver, relato en forma de cartas no que podemos apreciar o que é ter un pequeno psicópata na casa, e que introduce algúns temas para debater que poden dar bastante que pensar.
  • Por suposto, a novela "Apocalipsis Z".

2/8/09

2. The Zombie Survival Guide

Publicado en España como “Zombi: Guía de supervivencia”, parece unha inmensa tontería, e aínda máis, posiblemente o sexa. Pero unha vez que empezamos a ler este libro como un divertimento e levamos unhas poucas páxinas, descubrimos que estamos razoando sobre os consellos que Max Brooks (fillo de Mel Brooks e Anne Bancroft, a inesquecible Mrs. Robinson que seducía a Dustin Hoffman) nos ofrece para sobrevivir a un ataque zombi, e incluso pensando como poder aplicalos en caso de necesidade. Dun modo totalmente científico, o autor parte da hipótese de que converterse nun zombi é algo causado por un virus chamado Solanum, que provoca que o cerebro non necesite osíxeno e fai que o organismo continúe aparentemente vivo a pesar de non realizar as súas funcións vitais. Dito virus só se transmite a través do contacto de fluídos, xeralmente por mordeduras. A partir de aquí establece de forma meticulosa todo un conxunto de normas e consellos que inclúen todo o relativo, e quen sabe se necesario, a:

- mitos e realidades dos zombis
- armas e técnicas de combate
- como defenderse
- como escapar
- como atacar
- como sobrevivir nun "mundo zombi"

Finalmente, hai un apartado no que se detallan diversos ataques destes seres "documentados" ó longo da historia, desde o 60000 a.C. ata a actualidade, o que ilustra a modo de exemplos prácticos todo o descrito nos capítulos anteriores.

En fin, toda unha guía apropiada para aqueles que gustan de estar preparados para todo.

Recomendación: