30/3/10

277. Crise, que crise?


Despois de uns días sen voz (laringofarinxite aguda, menos mal que estarei recuperado para poder ir de procesións) tiven tempo a recapitular e reflexionar sobre os resultados das avaliacións. Despois duns dous minutos e medio de profunda reflexión, cando as neuronas empezaban xa a ferver, cheguei á seguinte conclusión: o futuro é brillante, peor do que foron os resultados é practicamente imposible, co cal só se pode mellorar nos vindeiros meses.

Aparte de tan desastroso panorama, tamén atopei outro motivo para o optimismo, desta vez con utilidade e aplicación inmediata para o resto do país: como saír da crise. Xa sei que parece moi presuntuoso, pero despois das dúas tardes de Jordi Sevilla, creo que tamén teño algo de dereito a intentar aportar algo neste tema. A clave do asunto resultou estar en 2º de ESO (vai ti a saber, igual o das dúas tardes era certo), na seguinte pregunta:

"Unha cuadrilla de pintores que traballa 8 horas diarias durante 5 días cobra 10000 € por un traballo. Cantas horas terán que traballar diariamente para rematar un traballo polo que cobran 15000 € se tardan 12 días en rematar?"

A brillante resposta que nos permitirá saír da crise en meses, ou incluso semanas, foi a seguinte:

"Necesitarán traballar durante 5717 horas diarias".

En fin, sobran comentarios, como moito, desde aquí ofrezo a miña mediación a goberno, sindicatos e empresarios para que contraten a esta discípula miña, creatividade e ousadía para estes tempos difíciles non lle faltan.

Recomendación:

Revisade os cálculos, que mira que o teño dito!
Para deixar un mellor sabor de boca do que prometen as terroríficas xornadas laborais cando a miña alumna chegue a ministra, aquí queda o tema "Money" de Pink Floyd, incluido no álbum "The dark side of the moon".



26/3/10

271. Ti vai facendo...


"Si a través de un convenio se solucionan los problemas, los solucionamos, si esa irregularidad no tiene solución, apliquemos la ley".

(Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta, ofrecendo a súa particular
e peculiar visión sobre o urbanismo do concello lucense de Barreiros)

Recomendación:

Aparte de, se tedes tempo e cartos, encargar un estudo para saber o porque do til no segundo apelido do noso presidente (lembrade que este blog postúlase a favor do coñecemento inútil), hoxe propoño unha viaxe ós anos 70 polo mundo do krautrock, en concreto, cunha visita ó álbum homónimo de Neu!, co que debutaron en 1972. Aí queda o tema "Negativland".


21/3/10

269. Por xeometría


"¿Razones? Se equivocan los psiquiatras cuando concluyen que el deseo de matar a mis padres procede de aquella alarma traumática de pubertad: ¡ellos pretendían castrarme! Nada de eso. Cuando les maté, yo había madurado y si algún reproche les hubiera hecho era el no haberme castrado a tiempo, evitándome las molestias y engorros que reporta no ya la procreación, sino incluso la pulsión heterosexual reproductora. Si les maté fue por geometría, no por compasión, porque quería demostrarme a mí mismo que podía hacerlo sin rencor ni causa interesada o patológica, como no fuera el miedo a que me sobrevivieran... el terror con el que iban a sobrevivirme... Cada vez que imaginaba ese terror lo superaba con el imaginario de matarlos. Igual ocurría con mis hijos. Me aterrorizaba la crueldad atmosférica total de un mundo en el que yo no podría hacer nada por ellos."

(El estrangulador. Manuel Vázquez Montalbán)

19/3/10

263. "Hay que ser estúpido...


... para pensar que yo voy a decir Desván de los Monjes", afirmaba insultando á oposición no Parlamento de Galicia o noso conselleiro de Cultura, Roberto Varela (*).

Isto só serve para confirmar unha das miñas opinións/preguntas sobre a política galega e nacional: Que lle fixo a cultura ó mundo da política para sufrir este maltrato sistemático?

Poderiamos citar exemplos como os de Esperanza Aguirre como ministra, sucedida por Mariano Rajoy, a súa vez por Pilar del Castillo, ou á actual ministra (este blog non mencionará o seu nome salvo necesidade mentres siga funcionando como un topo da Innomeable). En fin, que máis alá do Padornelo está mal o tema, pero aquí tampouco nos quedamos atrás, vexamos a historia recente:
  • Ánxela Bugallo (BNG), conselleira no anterior goberno da Xunta e que pasou a facer súa a necesidade do magno proxecto da Cidade da Cultura, previamente considerado como unha ruína do país. Por non mencionar o seu lamentable final de lexislatura que lle supuxo ser descabezada das listas electorais polo seu propio partido. Máis se perdeu en Cuba...
  • Xesús Pérez Varela (PP), individuo que durante os gobernos de Manuel Fraga chegou a acadar unha popularidade notable así como a causar unha expectación inaudita nun conselleiro do ramo grazas ás súas exhibicións públicas de dominio do seu negociado (ver exemplo). A favor del hai que dicir que a famosa referencia a Carmiña Burana é FALSA, sempre di "Carmina", podedes ver a proba nesta páxina, o que, por outra parte, non significa que a realidade sexa moito mellor. (Burremia en estado puro, diría eu). Ademais, hai que recoñecerlle o seu punto gracioso ríndose de si mesmo.
  • Para rematar, pechemos polo inicio, Roberto Varela (PP). Nada máis aterrar (curiosa polisemia) desde New York, empezou a meterse en terreos pantanosos (ver artigo), pero nada comparable ó que nos esperaba o pasado 20 de febreiro na Feira Internacional de Turismo (Fitur) co seu xa famoso discurso no que visto o vídeo, só queda pensar dúas cousas: ou todos o que o vimos somos estúpidos, ou ben, estúpido e ademais mentireiro (ante o Parlamento, nada menos), nesta historia, parece haber só un. Para aportar o meu gran de area á súa ben merecida lapidación mediática, comentar o final do vídeo, no que se conseguides chegar sen caer durmidos antes dado o aburrimento que provoca a súa monotonía e, por momentos, pedante prosa, podedes ver que, sen vir moito a conto, se acaba laiando do longo día de traballo que tivo. (Este blog suxire a súa dimisión e posterior busca de traballo en algo menos esgotador, todo sexa por non ver sufrir á xente). Por outra parte, o das escusas posteriores tampouco ten desperdicio, "tradutor automático", "nunca o diría conscientemente", etc. Case mellor, estar calado, porque unha de dúas, ou ben é certo e se despistou, co cal, para que negalo?, ou ben, nin se molestou en ler antes o discurso que pronunciou e tirou para adiante inconscientemente, o que supón desempeñar o cargo cunha evidente neglixencia. (Este blog retira a súa proposta anterior e pide que siga no cargo, xornadas gloriosas están por vir para a blogosfera a pouco que este home saia de vez en cando do despacho e teña un micrófono diante).
(*) Reflexión: Que este fose o cónsul español cando estiven en Manhattan da medo só de imaxinar onde podería ter acabado en caso de ter algún problema legal e ter que solicitar a súa intervención. Quen sabe? Ó mellor, o nome do blog sería deltrullonovolverás. Medo, medo!

Recomendación:

Por se aínda vos estades recuperando despois de coñecer o impresionante elenco musical perezvareliano do Xacobeo 2004, pecharemos o post con un tema de Massive Attack (que non Atrak, calquera se acercaba a Santiago sabendo estaban saqueando en masa á poboación). Do álbum Mezzanine (1998), o tema Teardrop.

Saúdos e viva Carmiña Burana!


14/3/10

257. Feliz Pi!


Desde fai un pouco estamos a catorce de marzo, 3/14 na notación usada nos países anglosaxóns. Polo tanto, ás 1:59:26, será un momento sinalado nos calendarios geek de todo o mundo, a data e hora coincidirán cos primeiros decimais do número pi, o que fai que se celebre o día de Pi.
Así que desde aquí, feliz día de Pi!

Recomendación:

Con un título geek, pero sen nada que ver co número, recomendo a novela "Vida de Pi", de Yann Martel. Interesante e divertida ó inicio, vai tomando un rumbo dramático cara un final orixinal e sorprendente.