29/4/13

1153. Semana da poesía internacional


A isto nos dedicamos a semana pasada no instituto (como parte divertida, por suposto, tamén traballamos):

Ana Blandiana. "Eu cred"

Eu cred că suntem un popor vegetal,
De unde altfel liniştea
În care aşteptăm desfrunzirea?
De unde curajul
De-a ne da drumul pe toboganul somnului
Până aproape de moarte,
Cu siguranţa
Că vom mai fi în stare să ne naştem
Din nou?
Eu cred că suntem un popor vegetal-
Cine-a văzut vreodată
Un copac revoltându-se?



Hermann Hesse. "Alle Bücher dieser Welt"

Alle Bücher dieser Welt
bringen dir kein Glück.
Doch sie weisen dich geheim
in dich selbst zurück.

Dort ist alles, was du brauchst,
Sonne, Stern und Mond,
denn das Licht, danach du fragst,
in dir selber wohnt.

Weisheit, die du lange gesucht
in den Bücherein,
leuchtet jetzt aus jedem Blatt
denn nun ist sie dein!



Marcelijus Martinaitis. "Neužrašyta daina"

Parduosiu žemę,
vėją nupirksiu,
už šimto mylių
tave išgirsiu.

Parduosiu jautį,
dalgį nupirksiu,
už šimto mylių
tave pakirsiu.

Linus parduosiu,
nupirksiu verpstę –
tave mylėsiu,
o tu man – verksi.



W. B. Yeats. "Wine comes in at the mouth" (aka "A drinking song")

Wine comes in at the mouth
And love comes in at the eye;
That's all we shall know for truth
Before we grow old and die.
I lift the glass to my mouth,
I look at you, and I sigh.


Recomendación:

Despois de ver a algúns dos nosos alumnos (e algún que outro profesor) lendo estes e outros poemas en diversas linguas, a verdade é que quedamos moi a gusto. No meu caso particular, aparte de ler unha das anteriores, contribuín tamén coa lectura a medias do fermoso "Annabel Lee" de Edgar Allan Poe. E ó igual que fixemos cos alumnos, deixovos aquí unha preciosa versión musical a cargo de Radio Futura. Facer notar un punto extra, o vídeo está sacado de aquel marabilloso programa co que algúns crecemos na adolescencia, La bola de cristal.


7/4/13

1151. Despois da morte


Fai uns días, mentres pasaba por un corredor do instituto nun recreo atopei suspendida no aire a seguinte pregunta, que imaxino como parte dunha conversa que prometía ser interesante:

"¿Y si te mueres, después... qué haces, eh?"

Simultaneamente, noutro instituto galego tiña lugar esta conversa nunha clase na que se falaba dos mitos gregos:

" - Entonces, ¿cómo se sabía esto del infierno?
- A ver, todo este tipo de mitos son narraciones inventadas.
- Pero, non é certo o do inferno?
- ¿Aún crees en el infierno?
- Ti morriches? Entonces, como sabes que non hai inferno?
- ..."

Recomendación:

Como ultimamente, a pesar do que os meus queridos fillos intentan que durma (non durma, mellor dito), consigo ler, comparto a boa impresión que me deixou o libro "Riña de gatos. Madrid 1936" de Eduardo Mendoza.



21/3/13

1129. Algo realmente raro


As sesións de avaliación soen ter consecuencias coñecidas, como suspensos, aprobados e as respectivas penas e alegrías que ambos traen asociados. Pero tamén deixan frases intrigantes como estas que oín hoxe:

"Estou moi contento con este alumno, nesta avaliación mellorou moito comigo."
(E esa debeu ser a causa de que a súa nota pasara dun 8 a un 7, supoño)

"Este rapaz é un pouco vago, pero debe ser o mellor alumno que teño."
(O que, loxicamente, levou a dito alumno a sacar un 3)

Recomendación:

Agora que chega a Semana Santa, unha suxerencia por se tedes tempo para ler, os tres libros que conforman a novela "1Q84" de Haruki Murakami.



7/3/13

1123. Medo e estupor


Estupor é o que sintes cando unha alumna túa cae polas escaleiras, chamas a urxencias e, ó chegar o médico, observas que éste non sabe moi ben que facer con un collarín mentres a rapaza está tirada no chan.

Medo é o que sintes cando pensas que ese médico podería ter que atenderte a ti en algún momento complicado.

(Por sorte, parece que a alumna está ben)

Recomendación:

Para recuperarse un pouco do susto, outro tipo de medo, o do clásico de Iron Maiden: "Fear of the dark".


3/3/13

1117. Días de viño... e toxos bravos


"E que claro, pola mañá, con esa profesora, as clases aínda van tirando. Pero logo, vai comer a mediodía, bebe, e xa se emborracha para dar clase pola tarde..."
(oído nunha conversa nai-profesora)

E así, queridos lectores, e como un pode detectar facilmente a proxenitores desequilibrados de alumnos e, de paso, dar resposta á pregunta que nos facemos ás veces sobre o tipo de familias que deben ter algúns deses alumnos. Pobriños!

Recomendación:

Por se non o tiñades claro, que supoño que si, un tema de Manu Chao que fala claramente de este arranque de sinceridade materna: "Mentira".