Onte estaba de garda cos ananos de 1º de E.S.O. (12 anos) cando un deles empezou un curioso, á vez que inapropiado, diálogo comigo:
- Profe. Coñeces a meu irmán?
- Si. É AAA, non?
- Si. Daslle clase?
- Si, de Mates, e son o seu titor.
- Ah. E na túa clase están XXX e YYY? E ZZZ? (todas alumnas, curiosamente)
- Si.
- Onde se senta XXX?
- Por atrás.
- Mmmmm! E YYY?
- Diante.
- Ben! E ZZZ?
- Polo medio, máis ou menos. E logo?
- Tes que sentalas diante.
- Eh? Por que?
- Home! Tes que poñer ás guapas diante. Así tes algo para que mirar mentres dás clase!
- Profe. Coñeces a meu irmán?
- Si. É AAA, non?
- Si. Daslle clase?
- Si, de Mates, e son o seu titor.
- Ah. E na túa clase están XXX e YYY? E ZZZ? (todas alumnas, curiosamente)
- Si.
- Onde se senta XXX?
- Por atrás.
- Mmmmm! E YYY?
- Diante.
- Ben! E ZZZ?
- Polo medio, máis ou menos. E logo?
- Tes que sentalas diante.
- Eh? Por que?
- Home! Tes que poñer ás guapas diante. Así tes algo para que mirar mentres dás clase!
Recomendación:
Por se alguén se quedou pensando en que dará tan prometedor e inquedante elemento como adulto, deixo aquí un tema de Clawfinger, "Do what I say" con inicio ameazante: "When I grow up, there will a day when everybody has to do what I say".