"A violencia como método de resolución de conflitos no ámbito educativo está infravalorada"
Recomendación: (sentenciou o xefe de estudos durante unha reunión da directiva)
Aparte desta interesante reflexión, que desgraciadamente se quedará na teoría, tamén se produciron outros tipos de actividade intelectual nese cerebro. Un deles foi o proceso de ler "El cementerio de Praga" de Umberto Eco, que aparte da miña querencia pola obra do autor, resultoume moi interesante, e se lestes "O péndulo de Foucault" aínda vos gustará máis porque retoma algún dos temas mencionados en aquel libro. (Lástima ser un patán literario para non poder apreciar mellor os recursos estilísticos!)