19/9/12

1061. Malditos horarios!


"É que con este horario que fixeches non teño horas nas que poder escaquearme..."

(persoa que traballa no mesmo sitio que min queixándose do seu horario, tratala de "compañeira de traballo" sería unha deformación tal do termo que os dicionarios chorarían de dor)

Recomendación:

Despois de levar escoitando nestes últimos días varias cousas de similar altura moral, decidín retomar a lectura dun clásico do Romanticismo inglés de principios do XIX, "Do asasinato considerado como unha das Belas Artes", de Thomas de Quincey. Especialmente recomendado para aqueles que saiban apreciar a ironía.


14/9/12

1051. Amencer



As primeiras luces do día, que alumean as esperanzas e tamén deixan ver as incertezas e os medos que nos esperan ata que volvamos a pechar os ollos pola noite.