21/10/12

1069. Diferentes


Este blog só pode facer unha análise clara e intelixible das eleccións de hoxe: somos así e punto. Polo tanto poñámonos en pé cantando e sexamos consecuentes proclamando a nosa idiosincrasia:




8/10/12

1063. Menos mal (animaliño)!


Como de costume, un luns tranquilo e relaxado na xefatura de estudos (os luns, os alumnos tardan en despertar desde que chegan a clase), cando...

- Ola! (entra un alumno)
- Dime.
- Nada, que me botaron de clase.
- E logo, que pasou?
- Que pasou? -voz alteirada- Eu, á profesora esa só lle berrei, nada máis.
- ... (WTF?)

Recomendación:

Fai uns días mencionaba un libro do Romanticismo inglés. Moito máis actual e infinitamente menos romántico (aínda que os seus desequilibrados protagonistas igual discreparían desta valoración), "Felices como asesinos" de Gordon Burn. Un relato real sobre a vida e feitos do matrimonio West, auténtica parella de psicópatas asasinos que saltou ás portadas da prensa mundial cando a súa casa pasou a ser coñecida como a "Casa dos Horrores". Malos tratos, incestos, violacións, asasinatos e comportamentos que adquiriron o atributo de normalidade no 25 de Cromwell Street de Gloucester e que fan o libro pouco apto para estómagos delicados.