As sesións de avaliación soen ter consecuencias coñecidas, como suspensos, aprobados e as respectivas penas e alegrías que ambos traen asociados. Pero tamén deixan frases intrigantes como estas que oín hoxe:
"Estou moi contento con este alumno, nesta avaliación mellorou moito comigo."
(E esa debeu ser a causa de que a súa nota pasara dun 8 a un 7, supoño)
"Este rapaz é un pouco vago, pero debe ser o mellor alumno que teño."
(O que, loxicamente, levou a dito alumno a sacar un 3)

Recomendación:
Agora que chega a Semana Santa, unha suxerencia por se tedes tempo para ler, os tres libros que conforman a novela "1Q84" de Haruki Murakami.