12/11/10

599. Unha morte esperada


A pesar do título e as datas, non vou falar do xenocidio porcino que se conmemoraba de forma oficial no día de onte, senón a renderlle unha xusta homenaxe a uns compañeiros que me acompañaron percorrendo media Europa e cruzaron o Atlántico comigo, levándome cómodo alá onde me apeteceu. Despois dunha vida intensa adicada ó meu servizo, feneceron onte e remataron a súa traxectoria tendo unha despedida con tódolos honores no momento de ser depositados... no cubo do lixo.
(A verdade é que me tería encantado un funeral vikingo, pero igual me botan da casa se preparo toda a parafernalia e por riba ando prendendo lume).


(Un dos seus momentos de fidelidade incondicional no Phoenix Park en Dublín)

Adeus, zapatos! Snif, snif!

Recomendación:

A modo de despedida a tan fieis compañeiros deixo aquí o tema "Deathzone", do disco homónimo de Apocalyptica, do ano 2005, altamente recomendable de por si, sen necesidade de ocasións especiais.


3 comentarios:

David dijo...

Nunca pensei que uns tenis deran para tanto... Se fas isto co calzado, qué non farás polos amigos!!!

Monica dijo...

Estás fatal

Suso dijo...

Baixo ese aspecto de temible monstro azul, agóchase un sentimental capaz de tomarlle cariño a uns zapatos. (E ademais, así deille utilidade a cinco minutos que ata agora eran só xogar coa cámara e aproveitei unha foto que me gusta bastante pero que non tiña moita utilidade)