28/4/12

991. Estraña explicación


Xefatura de estudos, reunión "forzosa" a mediodía cun grupo de alumnos:

- Imos ver, alguén me pode explicar que o que pasou para que AAA lle acabara pegando a BBB?
- No recreo estabamos esperando a que nos abriran a sala de xogos.
- Ah, e entonces?
- E que nos aburriamos e empezamos a xogar.
- A xogar?
- Si, xogamos a baixarnos os pantalóns uns a outros.
- (aquí deberían figurar uns pensamentos irreproducibles de forma politicamente correcta)
  Xa non sei que dicir, sodes...! (tamén irreproducible)

Recomendación:

Para que todo o mundo poda entrar en situación, unha canción de Iggy Pop, que parece que tamén se aburría moito en 1979, "I'm bored". Baixaríalle Iggy os pantalóns a alguén nos escenarios? A saber!


21/4/12

983. Palabras máxicas


"Mmmmm... mira... a xunta da culata, aceite, mmmmm... é serio"

Isto sucedeu hoxe no taller, tres mecánicos arredor do motor do coche, eu no medio deles e todos mirando para o interior do motor. Tiñan unha cara de pena e incomodidade ó mirar para min que pensei estaban a punto de darme o pésame. (De feito, téñenme dado pésames en funerais da familia sen tanta solemnidade).
Dentro do malo, hai que ser positivo, as inminentes visitas a concesionarios prometen momentos de gran surrealismo mentres me intentan vender as virtudes dos utilitarios que verei, co cal este blog pode verse enriquecido no seu nivel de absurdo e diversión. (Aínda lembro a compra do piso, se chego a ter o blog daquela...)

Recomendación:

Para ir amenizando estes momentos, imos volver sobre as Matemáticas (medio de vida para poder comprar un novo vehículo) e a música, relacionadas neste caso no tema que dá título ó álbum de Tool do ano 2001, "Lateralus".


19/4/12

14/4/12

971. En pé, que soa o himno!


"Serenos y alegres
valientes y osados
cantemos soldados
el himno a la lid.

De nuestros acentos
el orbe se admire
y en nosotros mire
los hijos del Cid.

Soldados la patria
nos llama a la lid,
juremos por ella
vencer o morir.
..."

(himno nacional, II República)


13/4/12

967. Motivación (brutal)


"Eu xa estou de camareira e se ti segues así, de que vas acabar? De algo peor, non?"

(reprimenda dunha nai á súa filla no instituto)

Recomendación:

Despois de tan truculenta ameaza sobre o futuro profesional da miña alumna, evadámonos mediante a lisérxica viaxe musical que nos proporcionan Smoking Spore con "Toad patrol", do seu disco Conversations in D minor (2009).
Longa vida ós temas de máis de 10 minutos!