"Eu xa estou de camareira e se ti segues así, de que vas acabar? De algo peor, non?"
(reprimenda dunha nai á súa filla no instituto)
Recomendación:
Despois de tan truculenta ameaza sobre o futuro profesional da miña alumna, evadámonos mediante a lisérxica viaxe musical que nos proporcionan Smoking Spore con "Toad patrol", do seu disco Conversations in D minor (2009).
Longa vida ós temas de máis de 10 minutos!
2 comentarios:
E se o profesor se porta mal, avísame, que vou!!
(por se estás a recopilar anécddotas, a min pasóume ésta)
Para tomarse unhas cañas ata me fai gracia, pero que unha nai lle insinúe (por dicilo suavemente) á súa filla diante dun profesor que non ten mellores expectativas para o seu futuro que a profesión máis antiga do mundo... quedei sen capacidade de reacción.
Publicar un comentario