10/11/12

1087. En crise


Hoxe pola mañá fun á farmacia a coller un par de cousas para unha infección na gorxa que fai que teña que estar calado o máis posible durante dous días. Durante o semidiálogo (ela podía falar, eu medio susurrar) coa farmacéutica chegamos a este punto:

- Vale, aquí están, AAAA e BBBB.
- Ben, canto é?
- A ver, AAAA, listo. BBBB non entra no seguro, vas levalo igual ou déixalo?
- Eh?

Mal estamos cando temos que plantexarnos se curarnos ou non por culpa do tema económico e aqueles que están encargados de xestionar o asunto xa o teñen totalmente asumido.

Recomendación:

Para desconectar un rato, deixo aquí o tema "My father, my king", de unha das bandas da miña devoción, Mogwai.



No hay comentarios: