Cando un se toma un tempo para ler "Mein Kampf", comprende varias cousas:
1. Que o seu autor era un pésimo escritor, dado ós textos inconexos, recorrentes, farragosos e cunha Weltausschauung (i.e., visión do mundo; xa que un estuda alemán, hai que darse o gustazo de permitirse de vez en cando un palabro destes) moi simplista e chea de prexuízos.
2. Que na Alemaña da década de 1920 a 1930, a cousa debía estar desesperada tirando a peor, xa que moitas das barbaridades que viñeron despois estaban á vista en tan aburrido mamotreto sen disfraz de ningún tipo, e aínda así o seu autor gañou as eleccións.
3. Que, salvo para poder falar desto con coñecemento de causa, ben podía ter aproveitado ese tempo en deitarme na herba e mirar para as nubes.
Quen non estivo mirando para as nubes foi Wernher von Braun, polo menos para apampar cara elas, o que durante a Segunda Guerra Mundial, ademais de traballar activamente co rexime nazi no desenvolvemento de armas baseadas en foguetes, as famosas bombas V2, na base segreda de Peenemünde, sendo coñecedor de estar utilizando man de obra procedente dos campos de concentración. (Para contalo todo, cabe dicir que se alistou no exército antes da chegada Hitler ó poder, e que foi adscrito ás SS en 1940, como parte da seguridade que rodeaba o ámbito militar).
O certo é que, a finais da guerra, von Braun fixo os seus cálculos, e vendo que as súas posibilidades de investigación estaban virtualmente mortas ó igual que o estado nacionalsocialista, empezou a buscar unha saída negociada cos inminentes vencedores, beneficiándose do tamén inminente inicio da Guerra Fría, a través da chamada Operación Paperclip dos servizos segredos estadounidenses, destinada a facerse cos servizos de todo canto científico do rexime nazi fose posible, evitando así que os soviéticos se fixeran con eles. Cabe dicir que os soviéticos tamén estaban interesados en incorporalo para o equipo de Serguéi Koroliov. Que para isto houbera que mirar para outro cando se trataba de certos detalles como ter ordenado persoalmente a execución de traballadores-escravos de Peenemünde(*), non deixa de ser unha máis das moitas historias que se produciron ó final da guerra para tratar de botar terra por riba asunto e seguir para adiante. De non ter pagado estas "peaxes históricas", obviamente interesadas, é probable que o número de acusados durante os Procesos de Nuremberg se tivera multiplicado, pero, como dixo Michael Ende, esa é outra historia e debe ser contada en outra ocasión.
(*)(testemuña dos superviventes citada en Secret Agenda: The United States Government, Nazi Scientists, and Project Paperclip, 1945 to 1990 , St. Martin Press, 1990, p. 121. Linda Hunt)
De quen se viña a falar hoxe realmente é de catro persoas que non se levaron a fama de von Braun (inicialmente dunha delas, pero, investigando, investigando, foise ampliando o tema), pero que dunha ou doutra maneira, contribuíron no seu campo. Iniciamos as presentacións:
- Pedro Paulet
- Hermann Oberth
- Robert Goddard
- Konstantín Tsiolkovski
A aparición de Pedro Paulet en primeiro lugar é unha especie de pequena compensación por ter sido o máis esquecido dos catro, pero non por iso lle deberían ser negados os seus méritos no campo da Astronáutica a este peruano, tendo a idea dun foguete de propulsión a chorro a partires do estudo do desprazamento da lura. O "Autobólido", como denominaba Paulet ó seu deseño, tiña forma de punta de lanza e xa estaba equipado cunha cabina interior esférica (non lembra á cápsula espacial?). Lamentablemente, no seu momento (morreu en 1945, e os seus experimentos ó respecto en París tiveron lugar entre 1895 e 1897), nin a técnica estaba á altura necesaria nin os intereses militares estaban encamiñados nesta dirección, e o traballo de Paulet obtivo o recoñecemento maioritario grazas a outros, como foi o caso de von Braun, que chegou a calificalo de "pai da astronáutica moderna". Se tedes interese en ampliar a información, aparte de na Wikipedia, podedes ler esta interesante biografía (en inglés), dato curioso, escrita pola súa bisneta.
Outro que tamén desapareceu antes de tempo (tamén en 1945) foi o estadounidense Robert Goddard, que de adolescente e despois de ler "A guerra dos mundos" de H.G. Wells empezou a interesarse polo tema da exploración espacial, en particular, polo uso de foguetes. Dez anos máis tarde era un flamante graduado en Ciencias e pouco despois xa traballaba como profesor universitario de Física. En 1914 xa tiña deseñado motores para foguetes e en 1919 falaba da viaxe á Lúa. Axudado polo Instituto Smithsoniano, cando esta institución publicou unha nota de prensa no The New York Times, dita nota foi respondida ó día seguinte no mesmo xornal nun par de breves artigos anónimos nos que se deixaba bastante escarnecido e malparado a Goddard. 49 anos máis tarde, coincidindo co lanzamento do Apolo XI, o periódico rectificou e publicou unha desculpa, iso si, daquela maneira, tampouco vaiades pensar que pararon as rotativas como nas películas. (A historia da aldraxe, aquí).
Este home, definitivamente, tiña un problema, ía por diante do seu tempo. En realidade, tiña algún máis, como por exemplo a súa escasa sociabilidade, que o levaba a traballar en solitario e desconfiar sistematicamente do traballo de outros, o que facía os seu avances moi lentos. Tralo lanzamento dun dos seus foguetes, a nova chegou pola prensa a Charles Lindbergh, que por aquel entonces era unha celebridade a nivel nacional despois de ter cruzado o Atlántico en solitario sen escalas. E por mediación de Lindbergh, chegou o mecenazgo dos Guggenheim, de onde veu a posibilidade de irse a traballar a Novo México, curiosamente a Roswell, co cal a historia fixo unha irónica pirueta enlazando unha viaxe espacial non lograda e unha suposta viaxe extraterrestre malograda. Pero iso é outro tema e remitímonos novamente a Michael Ende.
Como diciamos, Lindbergh andaba por aí, impulsando a Goddard, e xunto con Harry Guggenheim e responsables do Smithsoniano, trataton de convencer ó Exercito dos EE.UU. das posibles aplicacións militares do traballo de Goddard. A resposta, como de costume na vida de Goddard, foi negativa. Quen si tomou nota do asunto foi o propio von Braun e, de rebote, a Abwehr, que mediante un axente infiltrado conseguiu dispoñer dos traballos de Goddard. Anos máis tarde, cando as V2 empezaron a caer sobre Londres, alguén no exercito norteamericano se debeu arrepentir da súa valoración dos traballos de Goddard. Pero Goddard, non tivo moito tempo a gozar de saber que tiña razón, un cancro acabou con el en agosto de 1945, aínda que tivo tempo a examinar restos das V2 traídos de Europa. Aparte das sospeitas de ter colaborado cos nazis, totalmente infundadas (aínda que os tempos de guerra alimentan a paranoia a fartar), deixou tras de si 214 patentes, a maioría póstumas.
Volvendo a Alemaña, atopamos a Hermann Oberth, que ós 11 anos leu "Da Terra á Lua" de Verne, e tanto o leu, que chegou a memorizalo. Con 14, xa construira un foguete como proxecto escolar. En 1912, con 16 anos, empezou a estudar Medicina, pero despois da Primeira Guerra Mundial acabou convencido que non quería ser médico. A súa tese doutoral "Die Rakete zu den Planetenräumen" foi rexeitada en 1922 por ser demasiado utópica. Non lle importou, ata o punto de que pasou de facer outra, e seguiu a traballar pola sua conta. En 1929 desquitouse, publicándoa algo ampliada... de 92 a 429 páxinas.
Tamén en 1929, axudado por alumnos seus da Universidade Técnica de Berlín, entre os cales estaba, curiosamente, von Braun. O ano anterior, axudara como asesor científico para a película de Fritz Lang "A muller na Lúa", e de paso tamén perdeu a visión no ollo esquerdo facendo un experimento para a película.
Máis tarde colaborou con von Braun en Peenemünde, pero pronto pasou a traballar nun complexo de foguetes antiaéreos preto da cidade de Wittenberg.
Finalizada a guerra, continuou cos seus traballos en Italia, voltou a Alemaña, e máis tarde a EE.UU., onde traballou ás ordes do neste post omnipresente von Braun desenvolvendo foguetes espaciais. Retirouse en 1968 e adicouse a traballos teóricos sobre enerxías alternativas e cuestións filosóficas, falecendo en 1989, fai 23 anos e un día.
Para rematar co cuarteto de hoxe, falemos de Konstantín Tsiolkovski, nacido en 1857 e falecido en 1935, posiblemente o máis teórico dos catro, por ubicación temporal, pero que sentou as bases fundamentais do seu traballo (e de tódolos que a este tema se adicaron) na súa obra de 1903 "A exploración do espazo cósmico por medio dos motores de reacción". Nela propón cousas tan habituais que hoxe coñecemos dos foguetes como o uso de combustibles líquidos, a segmentación en fases, e sobre todo, chegou á chamada no seu honor, ecuación de Tsiolkovski, que leva implícita a explicación práctica do funcionamento dos foguetes, desde os das verbenas ata os que mandaron ó home á Lúa. Os seus traballos, teóricos, recollen gran cantidade de detalles do que serían as futuras viaxes espaciais, abordados desde o punto de vista práctico, e neste caso, e de forma máis esaxerada que nos de Goddard e Paulet, foi moi por diante das posibilidades técnicas do seu tempo, o que non impide que sexa considerado hoxe en día un dos "Pais da Astronaútica", ou para ser máis fieis á terminoloxía soviética na que vivía, da Cosmonáutica.
Como dato curioso, destacar que, hoxe en día estase a investigar na viabilidade da súa idea dun ascensor espacial (aquí pon de que vai isto).

(Os arriba mencionados, na mesma orde da enumeración anterior)

Recomendación:
E como recomendación de hoxe, por se non vos chegan as que xa van implícitas sobre cine e novelas, do álbum "Drie" dos holandeses The Machine, o tema "Tsiolkovski's budget". Momentos delicados e momentos contundentes, que un cuarto de hora rinde bastante. Na portada do disco figura un foguete e a ecuación de Tsiolkovski.
No hay comentarios:
Publicar un comentario