7/4/13

1151. Despois da morte


Fai uns días, mentres pasaba por un corredor do instituto nun recreo atopei suspendida no aire a seguinte pregunta, que imaxino como parte dunha conversa que prometía ser interesante:

"¿Y si te mueres, después... qué haces, eh?"

Simultaneamente, noutro instituto galego tiña lugar esta conversa nunha clase na que se falaba dos mitos gregos:

" - Entonces, ¿cómo se sabía esto del infierno?
- A ver, todo este tipo de mitos son narraciones inventadas.
- Pero, non é certo o do inferno?
- ¿Aún crees en el infierno?
- Ti morriches? Entonces, como sabes que non hai inferno?
- ..."

Recomendación:

Como ultimamente, a pesar do que os meus queridos fillos intentan que durma (non durma, mellor dito), consigo ler, comparto a boa impresión que me deixou o libro "Riña de gatos. Madrid 1936" de Eduardo Mendoza.



No hay comentarios: