14/4/10

293. Tres cores


"... aos pes había un lión deitado que tiña entre as poutas una coroa de pedra escachada, como si a fose a roer. Na traseira de todo, por embaixo dun sol rechamante, aboaiaba una bandeira que somellaba a española pro cunha coor de máis"...

..."-¿E ti de quén eres?
- Eu son da Patrocinio, a Vendolla.
- ¿É apelido de eiquí?
- Non señora, é que á miña nai chámanlle Vendolla porque vende xéneros polas casas.
- ¿Sodes moitos?
- Non señora, eu só.
- Montse, sembles un jutge.
- E o teu pai, naturalmente…
- Non o teño.
- ¿Logo morreu?
- Non señora, non o teño.
- Montse, no parlis de mes.
- Pois dille á túa nai que veña por eiquí, e que traia mostras para visillos de faia. ¿Esqueceraste?
- Non señora, ¡Ca…!

Nós non apartabamos os ollos do cadro.
- Ista é a imaxe da República, o que se di, unha alegoría. O gorro frixio (colleu un punteiro e sinalou o pemento) é un símbolo antigo do que hoxe entendemos por libertade; as cadeas crebadas queren dicir a escravitude monárquica vencida, o mesmo ista coroa rota. O lión representa a soberanía e o valor español.
- Somella ter sono. - Ríronse don Xaume e dona Montserrate, i eu fiquei certo de ter dito alguna parvada.
- ¿E a bandeira?
- É a bandeira española, naturalmente.
- ¿Non lle sobra unha coor?, - especilou o Paquito, coa súa vociña de pardáu.
- Non; é o morado, do primitivo pendón de Castela.
- O pendón... de Castela... - ecoóu Paquito, pensatibre. (A Vendolla era soriana, nada en Velilla de los Ajos)"

(Xente ao lonxe. Eduardo Blanco Amor)


Saúdos e República!

1 comentario:

Pedrote dijo...

Ultimamente está muy de moda ser republicano ... como si nos fuese a ir mejor con un cambio de modelo ... ¡ilusos!.

A mí no me pillareis en estos rollos políticos, de a ver a cuanta gente movilizo para que dejen de chupar los otros para ponerme a chupar yo.

Con la república no iremos a mejor. Iremos a lo mismo.