21/4/10

311. Pechado (por vacacións)


Non exactamente, pero este blog vaise de proxecto Comenius por Europa adiante, en concreto a 2500 km do seu ordenador base habitual (en liña recta, o que fará o avión só os pilotos o sabe, ou iso preferimos crer os que nel viaxamos). E a volta volverá a empezar a viaxe, pero iso xa é outra historia...

O que nos agarda ás beiras do mar Báltico non se sabe exactamente, pero haberá cumprida información á volta, sobre todo dos aspectos máis peculiares, como é tradición neste blog. Impresionante o de ter tradicións en nove meses escasos!

Como último coletazo de servizo antes da expedición, Alplatovolverás... quere facer un favor ós informativos deste país. Con un simple vistazo wikipédico, podemos atopar xa 14 volcáns en Islandia, polo que os titulares destes días (exemplo1, exemplo2) sobre o "volcán islandés" son bastante inexactos, polo menos con unha probabilidade máxima de 1/14, aproximadamente un 7% de fiabilidade. Ou acaso para rematar a carreira de Xornalismo non se pide saber a diferenza entre artigos determinados e indeterminados?

Outra marabilla é a do alarmismo e a confusión sensacionalistas (exemplo3, exemplo4), aínda que para ser xustos, en ABC xa vemos que saben que hai polo menos outro volcán na illa.

Para que quede claro, o nome impronunciable é
Eyjafjalla, que tampouco é que teña corenta letras, vamos. O problema é que en algún medio apareceu o nome Eyjafjallajökull, que como ben se pode comprobar no wikienlace, non é o nome do volcán, senón do glaciar baixo do cal está situado o propio volcán; e como ben coñecemos os profesores, máis de sete letras ou de tres sílabas, e xa non digamos en idiomas estranxeiros, hoxe en día poden supoñer un abismo lingüístico máis profundo que o cráter do volcán en cuestión.

Pois ata aquí chega o post de hoxe e se o Eyjafjalla ten a ben, retomaremos a actividade nun par de semanas.

Recomendación:

E para despedir o post ó grande, aquí queda o inmenso "21st Century Schizoid Man" de King Crimson.
Por certo, se vos crea demasiados problemas o dos palabros anteriores, sempre nos queda a resposta obvia: "Ég tala ekki íslensku".



1 comentario:

Pedrote dijo...

Dada tu afición al conocimiento inutil, te voy a recomendar algo sobrecogedor que vi el viernes en la Biblioteca Nodal de Lugo (la que está al lado del Gran Hotel): Hay una exposición sobre los patronazgos y advocaciones de la Virgen. Están clasificadas por provincias.Sugiero que las cuentes (Y FLIPES).