28/4/12

991. Estraña explicación


Xefatura de estudos, reunión "forzosa" a mediodía cun grupo de alumnos:

- Imos ver, alguén me pode explicar que o que pasou para que AAA lle acabara pegando a BBB?
- No recreo estabamos esperando a que nos abriran a sala de xogos.
- Ah, e entonces?
- E que nos aburriamos e empezamos a xogar.
- A xogar?
- Si, xogamos a baixarnos os pantalóns uns a outros.
- (aquí deberían figurar uns pensamentos irreproducibles de forma politicamente correcta)
  Xa non sei que dicir, sodes...! (tamén irreproducible)

Recomendación:

Para que todo o mundo poda entrar en situación, unha canción de Iggy Pop, que parece que tamén se aburría moito en 1979, "I'm bored". Baixaríalle Iggy os pantalóns a alguén nos escenarios? A saber!


2 comentarios:

AMADO MIO dijo...

Xubilación, a "solución"
O barco se hunde, que se queden as ratas có barco

Suso dijo...

Non, ho! A este barco que é a educación aínda queda moito que navegar, pese a quen lle pese nos despachos.