"Roses are red,
violets are blue.
Good morning Ted,
we're gonna
kill you"
violets are blue.
Good morning Ted,
we're gonna
kill you"
Esta curiosa variante dun poema popular inglés, foi exhibida nun cartaz no exterior da prisión de Raiford, en Florida ,onde Ted Bundy foi executado o 24 de xaneiro de 1989. Nada estraño despois de saber que un locutor dunha emisora local de radio pedira á súa audiencia manter apagados os aparellos eléctricos á hora prevista para a execución... en previsión de que non faltara corrente para o correcto funcionamento da cadeira eléctrica.
Recomendación:
Lembrei este detalle coa asociación do post anterior (autopromoción se chama isto) entre The Ramones e Walter Freeman, dentro da subcultura tan desenvolvida nos Estados Unidos en todo o relativo ó macabro.
Partícipes de dita subcultura foron os Jane's Addiction no seu álbum de debut "Nothing's shocking" (1988), no que aparece a canción "Ted, just admit it...", canción na que se pode escoitar ó inicio un breve fragmento dunha entrevista a Ted Bundy. Como curiosidade, o título do álbum é un verso de esta canción.
No hay comentarios:
Publicar un comentario