16/8/13

1163. De volta


A mosca, moscardo para ser exactos, levaba dez minutos molestando co seu zunido pola habitación mentres eu trataba de ler. Ó pasar as páxinas aínda me doía unha pequena queimadura no dedo índice por ter tocado de forma inexplicablemente absurda unha lámpada acendida. Curiosamente, unha lámpada nunha tenda na que merquei a mesma lámpada que me servía de fonte de luz a carón da cama, lugar sumamente cómodo para ler. Dita lámpada leva unha lámpada de baixo consumo E14 (rosca fina, para entendernos) de 15W cunha curiosa forma de cilindro formado por unha dobre hélice que se xunta na parte superior deixando un par de ocos semicirculares e simétricos polos que se apreza o interior do cilindro. Un par de ocos polos que xusto cabía a mosca e que unha vez dentro non foi capaz de saír, morrendo rapidamente pola calor mentres batía de forma repetitiva contra o interior da dobre espiral.
Así foi exactamente.

Recomendación:

O que estaba lendo era "Los detectives salvajes", do escritor chileno Roberto Bolaño.


No hay comentarios: