7/5/17

1279. Solucionando un problema



Habitación escura, salvo a luz dun flexo apuntando á cara do ser aterrorizado que está sentado nunha cadeira de madeira, aterrorizado despois das longas de interrogatorio ó que vén de ser sometido por parte dos seus torturadores... non, para ser exactos esto non empeza así. Reiniciemos.

O alumno está sentado nunha cadeira da xefatura de estudos, nun ambiente relaxado e luminoso, tranquilo, poñendo cara de "que pinto eu aquí, que son máis inocente que Bambi?"; para abreviar trámites vou directo ó tema:
- Ola. Que pasou?
- Nada. ¿Por qué?
- A ver, non te botaron de clase?
- Ah, sí. Pero hay una explicación.
- Mmmm, dime...
- Vamos a ver, em... es que en clase había un problema.
- Si?
- La situación es que la profesora no podía dar clase... y tuvo que buscar una solución. Y eso.
- E a solución, foi botarte a ti de clase?
- Pues sí.
- Aaaah. E foi unha boa solución?
- Sí.
- E foi inxusta?
- No.

E unha vez máis, a infinita paciencia do xefe de estudos superou as probas do día a día sen matar a ninguén.

Recomendación:

Fai uns días que rematei de ler "Patria" de Fernando Aramburu. Só direi que merece moito a pena.
Para ser exactos, merece a pena moitísimo.



No hay comentarios: