... pódese chegar a 15154 páxinas. Non se atopa á venda, ou polo menos non rebusquei o suficiente pola Rede como para atopalo, aínda que ben pensado, a ver quen se atreve a publicar "The Story of the Vivian Girls, in What is known as the Realms of the Unreal, of the Glandeco-Angelinnian War Storm, Caused by the Child Slave Rebellion" libro que ó traducir o título case me da para un post máis: "A historia das Vivians, no que se coñece como os Reinos do Irreal, sobre a Guerra-Tormenta Glandeco-Anxeliniana causada pola Rebelión dos Nenos Escravos". Este libro, que, insisto no tema, debe ter máis título que contido teñen algúns que pasaron polas miñas mans, é obra de Henry J. Darger, artista norteamericano do que, para os que non queiran molestarse en ler este interesante artigo de Agustín Fernández Mallo en El País, paso a contar a súa curiosa peripecia.
Nacido en 1892, en Brasil ou en Chicago (hai versións para tódolos gustos), foi internado nun orfanato católico en 1900 ó non poder o seu pai facerse cargo del, seguindo así o camiño dunha irmá que nacera cando el tiña catro anos e que foi entregada en adopción dado que a nai morreu no parto. Á morte do seu pai, en 1905, foi trasladado a un hospital psiquiátrico baixo o diagnóstico de "non ter o corazón no sitio adecuado", curioso cuadro clínico que presentou complicacións co síntoma "masturbación". Ante tales atencións médicas, non resulta raro que, tras varios intentos, Darger se fugara do psiquiátrico ós dezaseis anos, intentando buscar a seu pai, momento no que soubo que este levaba xa tres anos morto.
Empezou a buscarse a vida facendo pequenos traballos e empezando a desenvolver un patrón de comportamento fixo e invariable: asistía a misa unhas cinco veces diarias, recollía lixo polas rúas e pouco a pouco foi diminuíndo a súa relación co mundo que o rodeaba. E así desde 1930 ata 1973, cando o seu caseiro, á morte do artista, atopou no seu cuarto unha gran cantidade de acuarelas de gran formato, así como dúas novelas e un peculiar diario no que levaba metódicas anotacións diarias sobre os datos meteorolóxicos da cidade de Chicago nos dez últimos anos.
A primeira das obras, "A historia da miña vida", é un relato no que conta as súas frustracións infantís nas 206 primeiras páxinas, e de forma incriblemente meticulosa a devastación causada por un tornado nas 4672 páxinas seguintes. (Resulta desconcertante, non? Pois aínda estamos empezando...)
Aparte da extrema meticulosidade da narración, chaman a atención as brutais escenas de violencia, e máis as vítimas dela, os nenos. As interpretacións deste rasgo da obra, xunto coa representación irreal do sexo das figuras femininas fan pensar nunha serie de complexos (ou desexos) reprimidos desde a infancia, que segundo algúns autores pasan por dous puntos centrais: o impacto que causou nun xove Darger a historia do asasinato dunha nena de cinco anos, Elsie Paroubek, que aparece como personaxe da obra con outro nome (algún autor incluso insinúa a autoría do crime polo propio Darger), e por outra parte, a figura da irmá ausente, o que lle fixo desenvolver unha fobia patolóxica ás relacións sexuais coas mulleres por medo a cometer incesto cunha descoñecida que poidera rematar sendo a súa irma. Todo isto, tamizado polas súas estrictas crenzas relixiosas, contribuiu a formar o particular universo da novela.
Dada a dificultade de editar tan, por dicilo suavemente, singular obra, sempre nos queda a posibilidade de ver o orixinal en New York no American Folk Art Museum, onde ademais hai un centro de estudos adicado á obra de tan peculiar artista, obra que sobrevive, como en outros casos na historia como Max Brod con Kafka, grazas á negativa do depositario dos bens do finado a cumprir a súa vontade de destruila á súa morte.
(Ilustración de "The Story of the Vivian Girls...")
Na súa magna obra (en tódolos sentidos) "The Story of...", libro escrito durante corenta anos e que seguramente faría as delicias dun exército de psicoanalistas, conta as aventuras das Vivians, un grupo de sete princesas que habitan o Cristiano Reino de Abbiennia, situado nun planeta xigante que orbita arredor da Terra, no cal apoian a rebelión contra un réxime de escravitude infantil imposto polos opresores glandelinianos, os cales van derrotando sucesivos levantamentos e matando ós nenos rebeldes, iso si, tras sometelos a horrendas torturas que son minuciosamente descritas polo autor, así como as paisaxes, uniformes e batallas que se suceden ó longo do libro, o cal, como non pode ser menos con tal extensión, ten dous finais, un no que as Vivians vencen e outro no cal son derrotadas definitivamente polos malvados glandelinianos. (Quen da máis?)
Aparte da extrema meticulosidade da narración, chaman a atención as brutais escenas de violencia, e máis as vítimas dela, os nenos. As interpretacións deste rasgo da obra, xunto coa representación irreal do sexo das figuras femininas fan pensar nunha serie de complexos (ou desexos) reprimidos desde a infancia, que segundo algúns autores pasan por dous puntos centrais: o impacto que causou nun xove Darger a historia do asasinato dunha nena de cinco anos, Elsie Paroubek, que aparece como personaxe da obra con outro nome (algún autor incluso insinúa a autoría do crime polo propio Darger), e por outra parte, a figura da irmá ausente, o que lle fixo desenvolver unha fobia patolóxica ás relacións sexuais coas mulleres por medo a cometer incesto cunha descoñecida que poidera rematar sendo a súa irma. Todo isto, tamizado polas súas estrictas crenzas relixiosas, contribuiu a formar o particular universo da novela.
Dada a dificultade de editar tan, por dicilo suavemente, singular obra, sempre nos queda a posibilidade de ver o orixinal en New York no American Folk Art Museum, onde ademais hai un centro de estudos adicado á obra de tan peculiar artista, obra que sobrevive, como en outros casos na historia como Max Brod con Kafka, grazas á negativa do depositario dos bens do finado a cumprir a súa vontade de destruila á súa morte.
Recomendación:
En homenaxe a este fascinante individuo toman o seu nome The Vivian Girls, banda de cancións aceleradas e breves, como mostra "When I'm gone". Ó contrario que o inspirador do seu nome, son tan breves como para sacar un disco de dez cancións que dura 21 minutos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario