6/3/10

241. A que non...?


Conta unha lenda negra da historia recente que a Segunda Guerra Chechena empezou despois dunha acalorada reunión do Estado Maior ruso na cal, ademais da tensión política dos días previos, correu o vodka con xenerosidade, e que no fragor da reunión algún xeneral con nostalxia do imperio soviético dixo: "A que non hai c****** a invadir Chechenia?". O que pasou despois está no enlace anterior, e en canto á todo isto, mellor pensar que é unha historia rocambolesca que se apoia nos peculiares xestos que fixeron da política da era Yeltsin todo un espectáculo mundial. Certamente, pensar o contrario pode facer que un non durma tranquilo, xa que se calcula que o país posúe unhas 3000 cabezas nucleares listas para ser usadas. (En caso de dúbida, sempre podemos usar o Nukeómetro para facernos unha idea da que nos pode caer).

A historia de hoxe trata dun grupo cinco persoas que non se sabe moi ben como, aínda que outra lenda das hoxe presentes no blog di que a famosa frase "A que non...?" acompañada dunhas cañas en boa compañía tivo algo que ver, decidiron botarse a andar e andar, correr e correr (Corre Forrest, corre!), e correr tanto que o 11 de abril estarán presentes (e competindo) na maratón de París. Despois de dar un exemplo de ousadía (ou inconsciencia, quen sabe?) ó aceptar o reto, estes cinco campións levan preparándose baixo un rigoroso e serio programa que podedes seguir no blog da aventura, o cal enlazarei a partir de agora e alomenos ata que a aventura remate.

(Aquí podemos ver ós protagonistas da aventura. Foto de El Progreso do 22 de febreiro)

Por se alguén pensa que isto non é suficientemente serio, aparte de visitar o blog, hai que ter en conta que contan coa axuda do libro "4 meses para correr un maratón en 4 horas", necesario se temos que facer caso ás declaracións dun dos integrantes do grupo: "Cuando comenzamos nos cansábamos al dar dos vueltas en el parque. Nadie se creía que lo lograríamos. Pintas de deportista no tenemos", aínda que a tenor de como avanza a preparación e vendo como van cambiando as declaracións a cousas como: "Te entra miedo por si alguien se lesiona y no lleguemos a participar todos después de tantos meses de entrenamientos", calquera se atreve a perder a confianza nas súas posibilidades. Desde este blog, desde logo, non, así que tedes todo o ánimo posible e só queda desexarvos a mellor das sortes. E coidadiño, sobre todo Darío "o competitivo", non te cebes, que París é moi grande.

Recomendacións:
  • En primeiro lugar, por suposto, aconsellar que pensedes o que dicides cunha cañas diante se a frase comeza por "A que non...?" e logo algunha ocorrencia extravagante. Podedes acabar correndo unha maratón, cousa de alto risco se lembramos unha das máximas deste blog: "O deporte mata". Moito coidado!
  • Xa que falamos de París, vou citar outra das miñas debilidades menos rockeiras, o grupo inglés Stereolab, que ten bastantes cancións en francés (isto débese a que a súa cantante Lætitia Sadier é francesa), unha das cales é "Lo boob oscillator", con un delicioso toque sesenteiro.

2 comentarios:

Pedrote dijo...

Yo recuerdo a uno que dijo en una clase de Cálculo de Probabilidades II (y evidentemente, sin cañas delante, a no ser de chocolate)aquella frase lapidaria: "Tu sígueme y llegarás lejos" ...

¿Qué tal con el estrangulador?

Suso dijo...

E chegamos a cerca de 100 km de onde viviamos en aquel momento. Para que non se diga que non somos xente de palabra.
O estrangulador avanza implacablemente, entre hora libre, exame e gardas, espero que chegue este fin de semana a destino. Xa comentarei o tema por aquí, que opino que ben merece unha cita como futuro post.

Saúdos.