... para pensar que yo voy a decir Desván de los Monjes", afirmaba insultando á oposición no Parlamento de Galicia o noso conselleiro de Cultura, Roberto Varela (*).
Isto só serve para confirmar unha das miñas opinións/preguntas sobre a política galega e nacional: Que lle fixo a cultura ó mundo da política para sufrir este maltrato sistemático?
Poderiamos citar exemplos como os de Esperanza Aguirre como ministra, sucedida por Mariano Rajoy, a súa vez por Pilar del Castillo, ou á actual ministra (este blog non mencionará o seu nome salvo necesidade mentres siga funcionando como un topo da Innomeable). En fin, que máis alá do Padornelo está mal o tema, pero aquí tampouco nos quedamos atrás, vexamos a historia recente:
Isto só serve para confirmar unha das miñas opinións/preguntas sobre a política galega e nacional: Que lle fixo a cultura ó mundo da política para sufrir este maltrato sistemático?
Poderiamos citar exemplos como os de Esperanza Aguirre como ministra, sucedida por Mariano Rajoy, a súa vez por Pilar del Castillo, ou á actual ministra (este blog non mencionará o seu nome salvo necesidade mentres siga funcionando como un topo da Innomeable). En fin, que máis alá do Padornelo está mal o tema, pero aquí tampouco nos quedamos atrás, vexamos a historia recente:
- Ánxela Bugallo (BNG), conselleira no anterior goberno da Xunta e que pasou a facer súa a necesidade do magno proxecto da Cidade da Cultura, previamente considerado como unha ruína do país. Por non mencionar o seu lamentable final de lexislatura que lle supuxo ser descabezada das listas electorais polo seu propio partido. Máis se perdeu en Cuba...
- Xesús Pérez Varela (PP), individuo que durante os gobernos de Manuel Fraga chegou a acadar unha popularidade notable así como a causar unha expectación inaudita nun conselleiro do ramo grazas ás súas exhibicións públicas de dominio do seu negociado (ver exemplo). A favor del hai que dicir que a famosa referencia a Carmiña Burana é FALSA, sempre di "Carmina", podedes ver a proba nesta páxina, o que, por outra parte, non significa que a realidade sexa moito mellor. (Burremia en estado puro, diría eu). Ademais, hai que recoñecerlle o seu punto gracioso ríndose de si mesmo.
- Para rematar, pechemos polo inicio, Roberto Varela (PP). Nada máis aterrar (curiosa polisemia) desde New York, empezou a meterse en terreos pantanosos (ver artigo), pero nada comparable ó que nos esperaba o pasado 20 de febreiro na Feira Internacional de Turismo (Fitur) co seu xa famoso discurso no que visto o vídeo, só queda pensar dúas cousas: ou todos o que o vimos somos estúpidos, ou ben, estúpido e ademais mentireiro (ante o Parlamento, nada menos), nesta historia, parece haber só un. Para aportar o meu gran de area á súa ben merecida lapidación mediática, comentar o final do vídeo, no que se conseguides chegar sen caer durmidos antes dado o aburrimento que provoca a súa monotonía e, por momentos, pedante prosa, podedes ver que, sen vir moito a conto, se acaba laiando do longo día de traballo que tivo. (Este blog suxire a súa dimisión e posterior busca de traballo en algo menos esgotador, todo sexa por non ver sufrir á xente). Por outra parte, o das escusas posteriores tampouco ten desperdicio, "tradutor automático", "nunca o diría conscientemente", etc. Case mellor, estar calado, porque unha de dúas, ou ben é certo e se despistou, co cal, para que negalo?, ou ben, nin se molestou en ler antes o discurso que pronunciou e tirou para adiante inconscientemente, o que supón desempeñar o cargo cunha evidente neglixencia. (Este blog retira a súa proposta anterior e pide que siga no cargo, xornadas gloriosas están por vir para a blogosfera a pouco que este home saia de vez en cando do despacho e teña un micrófono diante).
(*) Reflexión: Que este fose o cónsul español cando estiven en Manhattan da medo só de imaxinar onde podería ter acabado en caso de ter algún problema legal e ter que solicitar a súa intervención. Quen sabe? Ó mellor, o nome do blog sería deltrullonovolverás. Medo, medo!
Recomendación:
Por se aínda vos estades recuperando despois de coñecer o impresionante elenco musical perezvareliano do Xacobeo 2004, pecharemos o post con un tema de Massive Attack (que non Atrak, calquera se acercaba a Santiago sabendo estaban saqueando en masa á poboación). Do álbum Mezzanine (1998), o tema Teardrop.
Saúdos e viva Carmiña Burana!
Saúdos e viva Carmiña Burana!
1 comentario:
Porqué será que nadie habla bien de sus jefes ...
Publicar un comentario