19/4/10

307. Escenas despois da batalla


Como ben contei en un post anterior, a partir de agora os resultados académicos dos meus alumnos só poden mellorar (o contrario case desafiaría as leis da natureza). Como consecuencia de tan lamentable conclusión, tiven o inevitable desfile de visitas de pais/nais, realmente un noventa e moitos por cento son nais, para tratar de ver como amañar a situación. Durante estas conversas un ten ocasión de expoñer a situación do alumno de forma clara e de tratar conxuntamente cos seus proxenitores como saír do desastre académico no que está metida a criatura, aínda que outra das cousas que tamén temos ocasión tódolos profesores é de escoitar cousas como as seguintes:

- "Eu, e que non o entendo. A min, o rapaz dime que estudia e despois chegan os exames e nada".
(Todo un clásico)

- "Entonces, ten suspensas a primeira e a segunda avaliación, e disme que na clase non fai nada desde fai uns catro meses e con mal comportamento. E ademais ten pendente a asignatura de primeiro, non?. Ben. E entonces, como o ves de posibilidades de aquí a fin de curso?".
(Sen palabras se queda un nestes momentos)

- "Eu xa sei que se esta portando mal, así que se fai falta darlle, vostede xa sabe".
(Xa sei, toallas molladas, sen testemuñas... que tentación!)

- "Perdona por molestarte. Yo ya sé perfectamente lo que pasa con la niña. No quería venir, pero me mandó mi mujer, ya sabes".
(Outro que se empeña na miña sabedoría, eu sei, ti sabes, el sabe...)

- "A nena non esperaba o suspenso. Mira, cando chegou a casa, viña mal, mal. Estaba moi nerviosa, pero bueno, deille unha pastilla das miñas e xa se foi tranquilizando".

(Neste caso, prefería non saber)


Recomendación:

Xa sabedes, o marabilloso mundo da educación está sempre aberto a novos enfoques, e, por sorte, os pais e nais das nosas pequenas malas bestas están sempre dispostos a engrandecer os nosos horizontes. Nesta liña de novos puntos de vista, aquí deixo unha revisión do conto de Brancaneves a cargo da banda alemá Rammstein, do álbum do 2001 "Mutter", o tema "Sonne".



2 comentarios:

Pedrote dijo...

Esto y la antología del gazapo no tienen precio ... ¡¡¡es el post por excelencia!!!

Pedrote dijo...

Se lo acabo de leer a Cris y aún nos estamos riendo ...