9/5/10

313. De volta, máis ou menos


Superados os ataques por parte da gastronomía lituana sufridos durante o período de ausencia, léase carnes, pescados, cervexas, licores dignos de ser usados como combustible aeronáutico, e por suposto, postres, por fin estou de volta. Iso si, coa inestimable (non merece a menor estima) axuda da Impresentable Compañía, que nos tivo o domingo pasado tres horas no aeroporto de Barcelona papando moscas, facendo compañía ós xogadores do Breogán e a outros cerca de douscentos que compartían avión con nós. O de que nos dixeran que debido ás condicións meteorolóxicas nos podiamos volver a A Coruña cando gravamos unha captura en Internet que informaba de todo o contrario, así como de tratar de ocultarnos os procedementos de reclamación non nos pareceu moi ben, pero como por outra parte, tiñamos moito tempo libre para redactar, quedaron unhas reclamacións do máis apañado.

O luns, por sorte, entraba tarde e facendo un alarde de profesionalidade, fun traballar, porque entraba tarde, que se non outro galo cantaría, e entre exames, traballo atrasado e as clases de alemán, fixen un oco para visitar á familia, e co obxectivo de zampar o šakotis que con tanto coidado me trouxen desde Klaipėda.

Para completar a semana quedaba o Breogán e os dous partidos de play-off despois do roubo sufrido en Menorca. Ambientazo de encerrona, e como xa ven sendo tradicional, emocionados aplausos ó final do derradeiro partido trala derrota agracedendo o esforzo realizado ó longo da temporada (o público pórtase como os amantes, perdoa todo), e despois, de tapas, para esquecer a dura realidade.

(Proba da fidelidade ó sufrimento, nin un fallo)

E así, como entrando nun bucle, volvo a estar facendo a maleta, desta vez incluíndo os libros de alemán, para ir con alumnos desde mañá e ata o venres ás terras da Súa Graciosa Maxestade (non entendo o título coa cara que ten normalmente). Todo isto, se o Eyjafjalla se porta, que non está o tema moi claro a esta hora da tarde. Así que, ata a próxima fin de semana, novo descanso, do blog, que non do autor, que a este paso vai acabar con un cargo nunha embaixada ou nun hospital por esgotamento.
 
Recomendación:

Como xa se anunciou fai tempo por aquí, había segunda parte de "Apocalipsis Z", e para a miña sorte, durante a espera no aeroporto de Barcelona atopei que xa saíu "Los días oscuros", o que fixo que a súa inclusión na equipaxe de man fose automática. Un avance do que sucederá cando, como se afirma en "Dawn of the dead", o inferno estea cheo e os mortos camiñen pola Terra.


2 comentarios:

Pedrote dijo...

Especifica en cuanto a los licores susceptibles de ser usados como combustible aeronáutico ... ayer, en la comida de los farmacéuticos, conté la anecdota del vodka de 60º y el efecto del Omeprazol, y lo petó ... las risas duraron mucho tiempo ...

Pedrote dijo...

Por cierto, y cambiando de tema, los que en su día (hace un par de añitos) dijimos que Xavi Pascual tenía los días contados en el Barça de baloncesto, como pitonisos no tenemos precio, ¿eh?