27/7/10

431. Polas rúas de Praga


Neste escenario é onde situou Gustav Meyrink a súa novela "O Golem". Publicada por entregas no xornal expresionista "Die weißen Blätter" entre 1913 e 1914, foi publicada ó ano seguinte en forma de libro polo editor Kurt Wolff, famoso tamén por ter editado a outro ilustre relacionado con Praga, Franz Kafka.

A novela déixase ler facilmente no tocante ó estilo de redacción, áxil e nada enrevesado, outra cousa é a liña argumental. Resumindo dunha forma tradicional, a novela conta as andanzas de Athanasius Pernath, mestre artesán que traballa tallando xemas no gueto xudeu de Praga. Dita historia conta nun segundo plano coa historia do Golem de Praga, unha lenda que parte do século XVI, cando se conta que o rabino Rabbi Judah Loew fabricou un golem, un monstro fabricado con arxila e insuflado coa vida con rituais da Cábala, coa finalidade de protexer o gueto de ataques antisemitas.

Mesturando ambas cousas, Meyrink constrúe un mosaico no que podemos presenciar a vida nocturna de Praga, unha ollada á sociedade da época, á vida dos xudeus en Praga, tanto como comunidade como na súa relación cos non xudeus, así como historias de amor e vinganzas con motivos varios. Un auténtico caleidoscopio que leva por momentos ó desconcerto, incluso a pensar nunha falta de coherencia, e dúbidas debidas a unha aparente dualidade entre o plano real e o onírico, conducindo a un final sorprendente que nos fai replantexarnos todo o que acabamos de ler. Quen é o protagonista, Pernath ou a propia cidade personificada de forma inconsciente no Golem? Todo isto pode estar condimentado cunha serie de símbolos que algúns cren ver na novela, símbolos que van desde a psicoanálise ata a tradición rabínica e ocultista, o que dota á novela dun aura de misterio que a acompaña desde o seu nacemento.

E para rematar co post nesta noite de lúa chea, aquí queda o inicio da novela:

"La luz de la luna cae al pie de mi cama y yace allí como una piedra grande, clara y plana.
Cuando la luna llena comienza a menguar y su lado derecho a degenerar -como un rostro que al envejecer muestra primero arrugas en una mejilla y enflaquece-, de mí se apodera a esa hora de la noche una inquietud sombría y angustiosa.
Ni duermo ni estoy despierto, y en ese estado de duermevela se mezcla en mi alma lo vivido con lo leído y lo oído, como si confluyeran corrientes de distintos colores y tonalidades."


O resto, recomendo que o continuedes pola vosa conta. Pode ser estraña e moi rara para as narracións habituais do terror gótico, sendo herdeira directa dos grandes autores románticos alemáns do XIX, pero xa totalmente influída polo expresionismo que empezaba a irromper na escena cultural da época.

Recomendación:

Absolutamente hipnótico, sería unha banda sonora perfecta para as pasaxes máis oníricas da novela, deixo aquí "Like spinning plates" do álbum Amnesiac de Radiohead.

"While you make pretty speeches
I'm being cut to shreds
You feed me to the lions
A delicate balance
And this just feels like spinning plates
I'm living in cloud cuckoo land
And this just feels like spinning plates
Our bodies floating down the muddy river"



2 comentarios:

AMADO MIO dijo...

Vin os golems turísticos nos escaparates de Praga, fixen o turismo guiri polas súas rúas e prazas, inequecibles, tamén pola zona xudea (que non é o que me cativó) e probéi a cociña de Praga coa sorte de facelo nun fermoso recuncho de gustosos pratos... Despois lein cousas da cidade e do país, que mo fixeron máis cercano e xa teño saudade de voltar pero aínda non leín "O Golem".A ver se agora vai. Graciñas. Un saúdo

Suso dijo...

Eu creo que o relerei porque a sensación de confusión, pero ó mesmo tempo de curiosidade, aínda perdura.