8/12/10

619. Человек с киноаппаратом


Con poderío! Hoxe empezamos en ruso para presentar a película de Dziga Vertov, co título traducido de varias formas, así que como título do post queda o orixinal, algo así como "O home cunha cámara de cine". Respecto ás intencións de Denis Kaufman (nome verdadeiro do autor) alá polo 1929, que mellor para coñecelas que a presentación que el mesmo nos fai nos títulos de crédito da propia película:

"Atención, espectadores: Esta película é unha experiencia cinematográfica, a transferencia dos fenómenos visibles. Sen a axuda de inscricións (película sen intertítulos), nin dunha historia (película sen guión), nin dun teatro (sen os decorados das películas, actores, etc.) Este traballo experimental ten como obxectivo crear unha linguaxe verdadeiramente internacional e absoluta do cine baseada na separación total das linguaxes do teatro e da literatura."

E sen máis, lembrando que a música está composta polo propio autor, aínda que na súa época estreouse en forma muda, deixo paso ó que considero o primeiro (e posiblemente máis longo) videoclip da historia no que podemos ver o transcorrer da vida diaria nunha cidade.



1 comentario:

Suso dijo...

Apostilla: Se o podedes ver nunha pantalla grande, e todo dunha tirada, sen molestias, impresiona.
(Os que non tedes fillos, aproveitade, sei o que digo)