Para rematar o ano, e seguindo unha interesante suxerencia de meu cuñado, vou deixar hoxe aquí a clasificación da liga de fútbol. Tranquilidade, non toleei. Simplemente vou usar os datos dun estudio feito pola consultora Crowe Horwath RCS, baseado nas contas ofrecidas polos propios equipos e as auditorías da UEFA, e outros recollidos de informacións de prensa varias. En total, uns 3526 millóns de euros de débedas, sempre misteriosas, porque non hai forma de saber a quen, nin siquiera se airea moito o de Facenda e Seguridade Social (somos todos?), uns 623 millóns de euros, asunto que chegou o Parlamento do Estado, onde unha proposta do BNG tivo respaldo maioritario... pero nada se volveu saber.
Partindo de datos do 2008-09, e incluso estimacións (por iso indico unha marxe en moitos casos), a clasificación é:
1º R. Madrid, 490 - 683 millóns de euros
2º Atlético de Madrid, 430 - 511 m.
3º Valencia, 286 - 550 m.
4º F.C. Barcelona, 329 - 489 m.
5º Deportivo de A Coruña, 226'2 - 292 m. (menos de 100 segundo o seu presidente, misterios gozosos!)
6º Vilarreal, 142 - 240 m.
7º Racing de Santander, 127'5 - 137 m
8º Espanyol, 102'2 - 165 m.
9º Zaragoza, 83'4 - 112 m.
10º Sevilla, 74'6 - 110 m.
11º Mallorca, 63'3 m.
12º Osasuna, 48'8 m.
13º Athletic de Bilbao, 48'8 m.
14º Real Sociedad, 41'3 m. (desde entonces xa pasaron pola lei concursal(*))
15º Levante, 36'5 m. (un dos habituais das denuncias por impago)
16º Xetafe, 24'4 m.
17º Málaga, 11 - 18 m. (tamén lei concursal; que pasou coa recente compra por parte do magnate petrolífero?)
18º Sporting, 5 - 18 m. (tamén pasou pola lei concursal)
19º Hércules, 15'4 m. (fálase nestes días de impagos)
20º Almería (non atopei datos, será posible que non deba nada?)
Quen para isto? (Debe ser a pregunta máis difícil que escribín desde que puxen o blog a andar)
(*) Lei Concursal: Procedemento actual para o que de toda a vida se chamou "suspensión de pagos". Establécese un administrador que pasa a rexir as contas da empresa, neste caso clube, e permítese que ésta siga funcionando, sempre baixo condicións de redución (e finalmente, desaparición) da débeda.
(**) Como dato curioso, á vez que preocupante socialmente, a maior manifestación que houbera en Vigo antes do afundimento do Prestige foi polo descenso administrativo (non consumado, o que indica a laxitude legal cos clubes de fútbol) de Celta e Sevilla polas súas débedas con Facenda e Seguridade Social. Que país!

Pola lei concursal pasaron e/ou seguen tamén Celta (**), Recreativo de Huelva, Las Palmas, Albacete, Xerez, nestes días o Betis. E xa non mencionamos casos de impagos, desaparicións/refundacións, etc. como Compostela, Oviedo, Granada e as habituais denuncias a finais de cada temporada por impagos ós xogadores.
Quen para isto? (Debe ser a pregunta máis difícil que escribín desde que puxen o blog a andar)
(*) Lei Concursal: Procedemento actual para o que de toda a vida se chamou "suspensión de pagos". Establécese un administrador que pasa a rexir as contas da empresa, neste caso clube, e permítese que ésta siga funcionando, sempre baixo condicións de redución (e finalmente, desaparición) da débeda.
(**) Como dato curioso, á vez que preocupante socialmente, a maior manifestación que houbera en Vigo antes do afundimento do Prestige foi polo descenso administrativo (non consumado, o que indica a laxitude legal cos clubes de fútbol) de Celta e Sevilla polas súas débedas con Facenda e Seguridade Social. Que país!
Como recordatorio antes de pechar, lembro que sumando a primeira das columnas de cartos (a máis baixa, hai que ser ben pensados, que estamos en Nadal), só a Primeira División, perdón, Liga BBVA (ten c***´*s, e ben grandes, por certo, que un banco patrocine isto) debe case 2100 millóns de euros. É dicir, aínda falta a Segunda e outras cantidades que deben clubes máis modestos...
Recomendación:
"Gol en el campo, paz en la tierra..."
Así empezaba en 1996 o tema "Gol en el campo" de La Polla, tema que pechaba o seu disco "Carne para la picadora". Escoitándoo catorce anos despois, as letras seguen vixentes, en algún caso parecen ominosas profecías sobre a sociedade actual.
Feliz 2011 e nel nos vemos!
(Un agarimoso saúdo a tódol@s que tivestes a ben ir aumentando o contador de visitas)
No hay comentarios:
Publicar un comentario