7/1/11

653. Ezequiel 25:17


A pesar do que digan en Pulp Fiction, a Biblia fala no Libro de Ezequiel, como parte da profecía contra os filisteos, da seguinte forma:

"E farei neles grandes vinganzas con terribles reprensións de ira; e saberán que eu son Yahvé cando faga a miña vinganza neles".

O luns volvemos a clase. Por que asociaría ambas cousas?

Recomendacións:
  • Supoño que non será necesario a estas alturas recomendar Pulp Fiction, pero por se alguén se resiste, insisto, é moi boa película.
  • E para non ser demasiado previsible, tamén deixo un contundente tema musical, unha atómica versión do clásico de Madredeus, "Os senhores da guerra" a cargo da banda Moonspell. O punto e final perfecto ó seu álbum Darkness and Hope do 2001 (pensar que xa van alá dez anos!).


No hay comentarios: