Empezaba o curso, novo destino, novos compañeiros de traballo, novos alumnos, ilusións e grandes esperanzas... alto! Non nos pasemos, que isto parece Disney. Resumindo, empecei con gañas. O horario, ben. Poucos alumnos, clases cómodas.
Antes de rematar o curso anterior dixen:
- Creo que seguir co alemán non me vai supoñer moito esforzo.
(Non contaba co horario de 8.30 a 10 da noite, tres días por semana)
Unha hora de viaxe non parecía un gran problema:
- Viaxando con xente, faise entretido e aforras.
(Finalmente son dúas e media entre a ida e a volta. Como presta a comida ás 4 da tarde!)
Un par de meses despois, alguén dixo:
- Poderías presentarte ó Consello Escolar...
- Si. Por que non?
(Pensei que ía ser por dous anos, tocoume por catro)
Entretanto, formouse un grupo de traballo sobre as TIC(*).
- Apúntaste? Non é obrigatorio, eh.
- En fin, dando clase da materia, case que si.
- Ben.
(Que bonitas as sesións de tres horas pola tarde un día á semana! Cando coinciden coas de alemán, a miña felicidade e gañas de traballar están polas nubes)
Unha vez elixido como flamante novo membro do Consello, a directora comentou:
- Tal vez sería unha boa idea que, dentro do Consello, estiveras na Comisión de Convivencia.
- E senón, tocarame algunha outra, non?
- Seguramente...
- Ben, sendo así... por que non?
O mellor é que este ano ten que haber renovación da directiva e alguén dixo:
- Eu, de ti, pensaríao.
- Aaaaaaghh, nooooon!
(*)Tecnoloxías da Información e Comunicación, que mola un montón dicir que tes algo que ver, ou das clase, ou es responsable, etc. Na práctica, alguén que sabe algo de informática e cachivacheríos varios e intenta que os alumnos non estropeen os ordenadores mentres se resisten con uñas e dentes ós coñecementos que sobre o tema tratamos de inculcarlles.

Recomendación:
Como andaba tan sobrado de tempo, decidín ler algo lixeiro, e pensei: "Que mellor que algo de Thomas Pynchon? Total, mil trescentas páxinas, a cincuenta por día..." En fin, que lin "Contraluz" e que me encantou. Así que, se non vos asusta o tamaño da novela, non perdades a ocasión. E se vos asusta, tranquilos, os libros non morden.
No hay comentarios:
Publicar un comentario