Como ben di o título, desde que pensei en escribir isto, perdeuse algún tempo polo camiño, en concreto, uns sete meses, que foron os que pasaron desde que os samoáns decidiron despachar dos seus calendarios o 30 de decembro de 2011. Para ser exactos, Samoa (independente, non confundir coa Samoa Americana, dependente dos EE.UU.) e Tokelau (conxunto de tres atolóns dependentes de Nova Zelanda que están habitados por unhas 1200 persoas). Estes lugares deitáronse o 29 de decembro para, sen necesidade de ningún somnífero de cabalo, erguerse placidamente o 31 de decembro. Ben, case todos, porque algún grupo relixioso interpretou isto como un desafío a Deus, cousa que máis adiante veremos que non é a primeira vez que se fai, aínda que coa súa complicidade...
Utilidade práctica?
Como ben describía Umberto Eco en "A illa do día antes", por estas lonxitudes atópase a liña do cambio de día, o que marca para os que non somos de alí unha estraña idea sobre o decurso do tempo no cal palabras como "onte", "hoxe" ou "mañá" teñen a curiosidade de intercambiarse con tan só tomar un avión que a traspase. Lonxe deste difuso territorio das ideas, chegamos ó dos negocios, que debido á peculiaridade do lugar, facía que os referentes económicos próximos como Australia e Nova Zelanda vivisen nun calendario laboral desacompasado ó deles, o que lles facía perder dous días á semana de intercambios comerciais, e claro, postos a cambiar, está claro que países pintan algo no mundo e cales pintan menos.
Consecuencia turística:
Se antes se podía ir a estes territorios a ver a última hora do día no planeta, coa poética do último solpor, agora hai que aproveitar a do primeiro amencer do día en todo planeta. Simplemente, cambiar a festa de fin de ano pola de inicio, salvo iso, e que os samoáns nacidos ata ese día terán no día do seu cumpreanos os anos que celebren menos un día.
Historia:
Todo isto que comentei ata aquí non pasa de ser un detalle anecdótico, xa sucedera antes e ademáis ó grande, nada máis nin nada menos que eliminando DEZ DÍAS dunha soa tacada. Cando? Iso xa é unha pregunta moi complicada e depende de onde se conteste, xa que o da globalización é moi recente.
Na maioría dos sitios, ou polo menos, no que para nós era o noso mundo daquela (Italia, Portugal e España, lembremos que os dous últimos países eran nese momento moooi graaandes) e por decreto papal, os días do 5 ó 14 de outubro de 1582 simplemente non existiron. No resto do mundo, que aínda era máis grande, cada lugar tivo as súas peculiaridades, o que, traducido a linguaxe simple, ven a ser que cada un fixo o lle petou. Podedes comprobalo neste artigo da Wikipedia.
Por se vos sentides moi preguiceiros para ler o artigo e as causas de tal cambio, cabe destacar como detalle curioso que a famosa coincidencia nas mortes de Shakespeare e Cervantes non foi tal, xa que os seus respectivos días 23 de abril foron distintos, facendo que o inglés morrera dez días máis tarde. Ou tamén que a Revolución de Outubro en Rusia comezara realmente da noite entre os nosos 6 e 7 de novembro de 1917. A pesar dese cambio, Eisenstein resistiuse e a súa película segue a chamarse "Outubro".
Aínda así, cabe destacar a rareza dos suecos, si, ese pobo que ten como maiores aportacións á cultura occidental ABBA e IKEA, pois eses mesmos non foron capaces de poñerse de acordo nin consigo mesmos, e xunto cos finlandeses, eses que coñecemos grazas a Nokia (lugar que existe de verdade), trataron de poñer orde no calendario alá polo 1700, decidindo cancelar os anos bisestos durante corenta anos, co cal irían perdendo os dez días de marras. O problema foi que en 1704 e 1708 xa lles esquecera e nesa década o seu calendario non coincidía co de ningún sitio. En 1712 inventaron o 30 de febreiro, voltando así ó calendario xuliano, e en 1753 caeron da burra definitivamente facendo que despois do anoitecer do 17 de febreiro viñera o amencer do 1 de marzo.
E así, ata a década de 1920, que o mundo enteiro rematou por poñerse de acordo, incluso aqueles que parecen vivir no pasado (ou o botan de menos) por todo o planeta.

Recomendación:
- Aínda que podería poñer algún tema dos Angry Samoans, que algún habería cabreado polo cambio, vou ser algo máis contundente (no concepto, que non na música) e propor a versión propia do tema de Nine Inch Nails, "The day the whole world went away", do álbum de 1999 The Fragile.
- De todas maneiras para que os samoáns nnon se enfaden máis e compensando a preguiza dos últimos meses, hoxe imos tirar a casá pola ventá facendo dúas recomendacións. A segunda delas é a lectura de "Biografía da fame" de Amélie Nothomb, onde os samoáns teñen protagonismo como pobo nunha pasaxe especialmente triste e curiosa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario