Tranquilidade, non é que este blog se estea a transformar nun lugar de escuras intencións de tipo sexual, podería ser, pero definitivamente, non. O título é o inicio dun anuncio que apareceu en 1971 nun xornal local de Stanford, o texto completo era:
"Necesítanse estudantes universitarios varóns para un estudo psicolóxico sobre a vida en prisión. 15 dólares diarios durante 1-2 semanas. Inicio o 14 de agosto. Para máis información e solicitudes, dirixirse á aula 248, Jordan Hall, Universidade de Stanford."
Así xa soa algo menos depravado do que unha mente malpensante podería chegar a deducir, ou iso aparenta, porque a realidade tivo a ben volver a darlle a volta a este asunto e convertelo en algo realmente estremecedor. O equipo de investigación dirixido por Philip Zimbardo trataba de comprobar ata que punto inflúe o rol que unha persoa ten nun grupo no seu comportamento individual cando está sometido a condicións extremas. Dos 70 candidatos que se presentaron, os investigadores escolleron ós 24 que consideraron máis estables desde o punto de vista psicolóxico. Coa finalidade de evitar que outros factores que influíran no estudo, había unha certa homoxeneidade no grupo, no relativo a raza, idade, clase social e nivel cultural. E así, tras dividir o grupo por sorteo en metades, púxose en marcha o que sería coñecido como Experimento do cárcere de Stanford.
O experimento:
A idea era aparentemente simple, nos sotos do departamento de Psicoloxía da universidade construíuse unha réplica dunha prisión. Para darlle verosimilitude ó asunto, consultouse con expertos e funcionarios de prisións sobre as condicións reais físicas e de funcionamento dun cárcere. Seguindo as súas instrucións, acondicionouse o espazo da forma o máis real posible.
A metade dos estudantes xogarían o papel de prisioneiros e a outra metade o de gardas. O día anterior, o equipo de psicólogos reuníuse cos "gardas" para explicarlles en que consistía o experimento: ían ser gardas dun cárcere e tiñan como responsabilidade manter a orde no mesmo e gañar o respecto dos "prisioneiros", non había instrucións específicas sobre como debían facelo, excepto a de que non podían exercer a violencia física cos "prisioneiros". Cos "prisioneiros" houbo unha reunión similar na que se lles informou de que tiñan que estar dispoñibles nas súas casas o día do inicio do experimento, agardando unha visita, non se lles deu máis información ata empezar. (Só empezaban nove de cada grupo, o resto eran reservas).
Dentro da idea de realidade que se lle deu ó evento, incluso se pedíu a colaboración da policía no experimento, o seu papel era o de facer á visita ás casas dos "prisioneiros", imputándoos por roubo a man armada e levándoos detidos á "prision".
Os gardas estaban todos correctamente uniformados, uniformes que escolleron eles mesmos nun almacén militar poñéndose de acordo para ir todos iguais. Como detalles curiosos está o das gafas de espello, para evitar o contacto visual por parte dos reclusos, ou o de levar unha porra que, a pesar de non poder usala, funcionaba como elemento intimidatorio.
O superindente da prisión sería o propio Philip Zimbardo e o alcaide un axudante seu. Isto, teoricamente, axudaría a manter as condicións ideais do experimento, podendo asesorar/dirixir ós "gardas", que eran o obxecto fundamental de observación do comportamento (suponse que son responsabilidades asumidas, o que fai máis imprevisible a reacción, dada a falta de coñecemento das motivacións do individuo ó asumir ese rol, cousa que no caso dos presos é evidente ó ser unha conducta imposta).
Desenvolvemento:
E así empezou o experimento, os "detidos" chegaron á "prisión", onde foron cacheados, espidos, uniformados cunha bata similar á dos hospitais (aberta por detrás), chanclas de goma, unha media cubrindo o pelo (simulando que foran rapados) e unhas cadeas nun nocello. Na bata levaban un número, que sería a súa identificación, xa que non se usaría o seu nome.
A primeira sorpresa foi no inicio do experimento, o primeiro día non houbo ningún tipo de incidente, aceptando os "prisioneiros", de forma sorprendente, o trato humillante por parte dos "gardas", o que incluía facer recontos periódicos, incluso despertándoos pola noite (tamén axudaba a familiarizalos a usar o número e non o nome) ou as maneiras pouco amables dos "gardas" para dirixirse a eles. Os gardas traballaban de tres en tres, en quendas de oito horas.
De forma igualmente sorprendente, a cousa cambiou ó segundo día. Os "presos" empezaron a rebelarse, negándose a vestir a media que simulaba o rapado, insultando ós "gardas", arrincaron os números do uniforme e atrincheiránronse cos colchóns. Tras un desconcerto inicial por parte dos gardas, con discusións incluídas sobre os diversos graos de permisividade durante as diferentes quendas, empezaron a organizarse. Primeiro solicitaron reforzos (os tres reservas), ós que se uniron os "gardas" da quenda saínte (que non quixeron cobrar polas horas extra) e, sen avisar ó "superintendente" nin ó "alcaide", usaron un extintor para crear un factor de sorpresa e aturdimento inicial e logo separar ó grupo, poñendo en celas de illamento ós líderes da revolta e aumentando a dureza do trato en xeral.
Os supervisores do experimento quedaron asombrados ante a velocidade á que este evoluía. Despois de breves advertencias no tocante á violencia física, observaron que moitos dos métodos usados de forma espontánea e sen suxerencias polos "gardas" eran idénticos ós castigos que narraban superviventes dos campos de concentración da II Guerra Mundial.
A vida dentro da "prisión" seguía un curso normal, recibindo os "presos" visitas dos seus familiares, familiares que incluso entraron no xogo psicolóxico ó dirixirse ós supervisores do experimento como se de autoridades reais se tratara, pedindo melloras nas condicións dos "prisioneiros". Asi mesmo, estes empezaron a organizarse, mandando cartas ó exterior, establecendo unha certa xerarquía entre eles para organizarse. Froito dunha destas cartas do "Comité de queixas", ata recibiron unha visita dun sacerdote para proporcionar asistencia relixiosa e, ó mesmo tempo, comprobar as condicións de internamento.
(Cabe destacar que os familiares estaban informados de que era un experimento, aínda que se mantiñan as condicións de vixilancia e falta de intimidade durante as visitas. Iso si, endulzando o aspecto do "cárcere" durante as mesmas, o que psicolóxicamente lles daba a entender ós "presos" que os "gardas" estaban dispostos a non xogar limpo, enganando ós seus familiares con respecto ó que alí sucedía)
Isto último tamén quedou claro cando os gardas se deron conta que non podían manter a postura de forza estando nove contra nove sen caer esgotados. A primeira cousa que fixeron foi tratar de dividir ó grupo de presos formando mal ambiente entre eles. Como?
Simple e retorcido ó mesmo tempo, decidiron concederlles privilexios visibles a uns cuantos (roupa, mellor comida, etc.), co cal apareceu a desconfianza entre os "prisioneiros", ignorantes do porque de tales privilexios (uns por telos e outros por non telos). Despois mesturouse nas celas ós "bos" cos "malos", comprobándose que, efectivamente, a solidariedade desaparecera por completo.
Dexeneración e final:
No cuarto día, os experimentadores empezaron a advertir síntomas dunha alarmante asunción do experimento como algo real por parte de ambos grupos. No dos "gardas" empezaban a distinguirse tres grupos, os que o asumían como un traballo rutinario cumprindo as normas, os que se amosaban humanitarios cos presos mediante pequenos favores que aliviaban a situación, e un terceiro e máis preocupante, os que amosaban conductas de tipo sádico e parecían disfrutar do seu uso e abuso de autoridade, tratando incluso de refinar o seu maltrato ós "prisioneiros".
No dos "prisioneiros", a confirmación chegou cando se lles someteu a unha especie de "Comité de liberdade condicional". Propuxoselles a tódolos que crían ter un motivo xusto para ser liberados asistir a unha entrevista individual co citado comité, onde foron informados de que para abandonar, o que realmente facían era rescindir o contrato do experimento e renunciar á remuneración. Todos menos dous estiveron de acordo, sendo devoltos ás "celas" ó rematar a entrevista en espera da resolución e sen a menor protesta, que despois non chegaba, naturalmente.
A situación dexenerou rapidamente e no quinto día os "prisioneiros" chegaron a puntos moi diferentes, algúns derrumbáronse psicolóxicamente, outros colaboraban de forma servil e case ansiosa cos "gardas" para obter un trato mellor, un deles chegou a desenvolver síntomas físicos e tivo que ser levado á enfermaría. Como detalle máis sorprendente, un deles tivo que ser "obrigado" a abandonar, xa que despois do éxito dos "gardas" en dividir ó grupo, os outros estaban en contra del, supostamente por ter sido castigados pola súa culpa; os experimentadores tiveron que explicarlle algo que sabía desde o inicio, que aquela situación non era real, que podía marchar, algo que el consideraba que non podía facer porque os outros "presos" o consideraban un mal compañeiro. A situación era tan insostible que dous dos "presos" orixinais foron substituídos por suplentes.
Unha vez constatado o nivel de dexeneración do asunto, os experimentadores, temendo seriamente pola saúde mental dos suxeitos e polas posibles consecuencias se seguían adiante con todo aquel lío no que se convertera o experimento, decidiron cancelalo.
No final do quinto día, organizouse o peche do tema, mantivéronse entrevistas individuais e colectivas cos membros dos dous grupos para tratar de coñecer cales foran as sensacións, así como tratar de obter reflexións sobre os motivos das reaccións ante as situacións que se foran sucedendo e tratar de ver ata que punto existía a consciencia de tales situacións.
Epílogo:
O experimento viuse rodeado dunha gran polémica ó ser coñecido polo público, tanto desde o punto de vista dos medios de comunicación, como desde o científico.
A primeira parte, aparte da reprimenda moral, estaba resolta, xa que, como non pode ser de outra maneira nos Estados Unidos, había un contrato asinado con coñecemento de causa por ambas partes, e como non pode ser menos, con tódolos flancos cubertos polos avogados da universidade.
A segunda parte, máis dura, con numerosas críticas por parte de outros investigadores, tanto sobre a moralidade como sobre o propio rigor do experimento, no que se cuestionaban cousas como a intervención do experimentador (coa carga de subxectividade e/ou distorsión que isto podia introducir nas conclusións) ou a posibilidade de xeralizar o experimento a outras situacións. Tamén se criticou a falla de intentos de obter conclusións en canto ás diferenzas no comportamento dos "gardas", ademais do discutible da realidade na recreacións das condicións dun cárcere real.
Se aínda resistides, podedes ver esta entrevista a Philip Zimbardo, a entrevista está feita no programa de Televisión Española Redes, por Eduardo Punset, que como me dixo unha vez Ana (hai que citar as fontes): "Habla tan bien que todo lo que dice parece interesante aunque no te estés enterando de nada.", subscribo esa opinión, por certo.

Recomendación:
- Como profundización no asunto, queda tamén a posibilidade de consultar a Wikipedia para informarse do chamado Experimento de Milgram, outro caso no que estuda a despersoalización do individuo, levando a situación a extremos impensables previamente.
- E para relaxar un pouco a densidade do tema, déixovos un tema looongo de Klaus Schulze, en concreto do álbum "Timewind" (1975), o seu primeiro corte "Bayreuth return", media horiña para estar cómodos cos ollos pechados e os auriculares postos.
1 comentario:
Gracias Suso, y como ejercicio de despersonalización recomiendo la peli "La ola", para pensar. Ana.
Publicar un comentario