"Ben, subimos o elefante no tren, damos unha volta, facemos as fotos coa prensa e cada un para a súa casa, ou o bar ou onde lle pete...". E así poderiamos empezar unha película cómica lixeiramente desmadrada, ou ben, escribir unha páxina dun libro de historia. Historia preferentemente propia de algún lugar onde os elefantes formen parte da paisaxe diaria.
O caso foi que, en 1950, os alemáns estaban moi ocupados poñendo os alicerces do "milagre económico", por non citar o traballo que tiñan coa historia recente do país, e a reconstrución do mesmo, que quedara caendo a cachos, literalmente, despois da Segunda Guerra Mundial. Tan ocupados estaban, que o suceso que contamos hoxe non é aínda suficientemente coñecido no mundo, algo que intentaremos arranxar aínda que só sexa un pouquiño neste blog, onde o coñecemento inútil é algo máis que unha paixón. (Por outra parte, hoxe vivimos outro milagre alemán, que é que aínda non teñamos botado a Angela Merkel a patadas de Europa con todo o que nos está queimando, en fin...)
Tuffi foi unha elefanta india, nacida en 1946 na India nas terras dun noble de alá que a vendeu ó Circo Althoff, propiedade dun empresario de ascendencia familiar no mundo do circo, en tódalas súas variantes desde aquela, que se remonta ata mediados do século XVII e que aínda hoxe segue tendo descendentes en diversos circos en activo. O Althoff de turno, Franz Althoff, conseguira en un tempo relativamente curto que Tuffi se adaptase á xente e, dado que ademais era o único elefante do circo, utilizábaa como inofensivo e entrañable reclamo publicitario cando ían chegando ás vilas e cidades por onde ofrecían o seu espectáculo.
Mentres Tuffi vai chegando, imos coñecer algo o seu destino: Wuppertal. Cidade do estado alemán de Renania do Norte-Westfalia, tiña por aquel entonces uns 360.000 habitantes, fundada oficialmente en 1929 como agregación de outras menores e próximas no val polo que pasa o río Wupper. De feito, a tradución literal do seu nome sería val do Wupper. Nunha desas entidades, estaba desde 1901 a que ven sendo un dos maiores atractivos da cidade, o Schwebebahn. Como o seu propio nome indica (indícao en alemán, claro), é un tren que vai suspendido polo aire, o que lle da un aspecto certamente curioso e pouco habitual. Igual de pouco habitual é o nome técnico: tren monorriel de suspensión Eugen Langen. O tal Eugen Langen foi o inventor deste tren. Que non se diga que non hai documentación...
(Aquí podemos ver o Schewebebahn) |
E acadou o seu obxectivo... atravesando unha ventá do vagón, parte da parede do mesmo e caendo desde unha altura duns dez metros no río Wupper, que, dada a época do ano, tiña un fondo dun metro escaso. Como consecuencia, a elefanta, que por sorte non caeu nunha postura rara saíu do apuro relativamente ben, con só algúns rabuñazos e mazaduras, e puido recuperarse. O fillo de Franz Althoff, doce anos daquela, contaba logo que o seu pai tratou inicialmente de calmar á elefanta, e logo quixo saltar tras dela, cousa que, entre o rapaz e algúns máis que aínda se estaban repoñendo do susto, conseguiron evitar.
(O salto á fama de Tuffi) |
Como curiosidade, comentar que a foto que podedes ver do momento é unha montaxe posterior baseada nos recordos das testemuñas, pois dado o máis que presumible pánico do momento, ningún dos fotógrafos captou unha instantánea do desastre.
Tuffi sobreviviu, como xa comentamos, con algunhas mazaduras e continuou a súa carreira no circo (sen máis viaxes en tren), cambiando de empresa en 1968 para o Circo de Alexis Gruss, onde estivo ata a súa morte no 1989, no período de descanso invernal do circo nos arredores de París. En Wuppertal, aínda hoxe quedan pegadas da historia de Tuffi como unha pequena estatua e algunha placa no lugar do accidente. E por suposto, todo tipo de obxectos de recordo da historia á venda (ver tenda online).
Tuffi sobreviviu, como xa comentamos, con algunhas mazaduras e continuou a súa carreira no circo (sen máis viaxes en tren), cambiando de empresa en 1968 para o Circo de Alexis Gruss, onde estivo ata a súa morte no 1989, no período de descanso invernal do circo nos arredores de París. En Wuppertal, aínda hoxe quedan pegadas da historia de Tuffi como unha pequena estatua e algunha placa no lugar do accidente. E por suposto, todo tipo de obxectos de recordo da historia á venda (ver tenda online).
Recomendación:
E despois desta rara historia, propóñovos ler algo tamén interesante e curioso. "Sanatoria. Historia dos nenos raros", un relato de Francesc Grimalt con fermosas ilustracións, que se pode ler tanto como un relato xuvenil, como buscar lecturas moito máis profundas.