28/1/10

211. Té e relixión


Leo estos días con asombro (e interese) a noticia da petición de recoñecemento do heavy metal como relixión oficial no Reino Unido, cousa que só deixa de asombrarme ó ler que case 400000 persoas no país declaran profesar a relixión Jedi, non se sabe se sinceramente ou a modo de protesta contra o goberno por preguntar tales datos no censo, pero o certo é que superan a outros como os sijs.

Ante tal nivel de creatividade e visto que os representantes das relixións tradicionais tamén patinan de vez cando, como xa vimos neste blog ou nesta outra noticia, imos lembrar algo escrito polo filósofo Bertrand Russell en 1952. Atentos, pequenos aspirantes a Padawan:

"Se eu suxerira que entre a Terra e Marte hai una teteira de porcelana que xira arredor do Sol nunha órbita elíptica, ninguén podería refutar a miña aseveración, sempre que tivera coidado de engadir que a teteira é demasiado pequena como para ser vista nin polos telescopios máis potentes. Pero se eu dixera que, posto que a miña aseveración non pode ser refutada, dubidar dela é dunha presuntuosidade intolerable por parte da razón humana, pensaríase con toda razón que estou dicindo parvadas. Sen embargo, se a existencia de tal teteira se afirmara en libros antigos, se se ensinara cada domingo como verdade sagrada, se se instalara na mente dos nenos na escola, a vacilación para crer na súa existencia sería un signo de excentricidade, e quen dubidara merecería a atención dun psiquiatra, nun tempo iluminado, ou a do inquisidor en tempos anteriores".

Todo isto é o que se chama en filosofía a teteira de Russell e pódese atopar no artigo do autor de título "Haberá un Deus?" (está en inglés, pero é curto), no cal desmonta a idea na cal se apoian moitas relixións, que non é outra máis que que a proba do que predican é a falta de probas do contrario. Este tipo de razoamento, absurdo desde o punto de vista da Lóxica, é un gran punto de apoio de moitas relixións modernas, así como de outros tipos de falsidades utilizados para enganar á xente. Curiosamente, o artigo foi encargado pola revista Illustrated, pero nunca chegou a ser publicado nela.

Agora que estamos en época de crise económica, só falta mencionar a posibilidade de crear unha estrutura organizada arredor desta idea, e a pouco que a sorte acompañe (ou a correspondente teteira sagrada axude, quen sabe!), eureka!, temos montado un negocio de dimensións dificilmente calculables e duración, ás probas me remito, case eterna. (Pode que a analoxía que flota sobre todo isto sexa demasiado evidente, e incluso simplificadora en exceso, pero non é pretensión deste blog ser un pozo de sabedoría, xa é abondo con que o sexa o autor).


Recomendación:

Podería poñerme en plan intelectual subido e recomendar ler os Principia Mathematica de Russell, pero como Kurt Gödel tivo a ben demostrar que o sistema lóxico das Matemáticas sempre terá partes indecidibles que se lle escapan ata a Russell, mellor imos pasar a outra cousa. Volvendo ó principio do post, o que propuxo convertir o heavy metal en relixión é o líder da banda británica Saxon, así que se alguén necesita novos himnos e salmos, aquí queda unha proposta de outra banda, neste caso norteamericana, Manowar, do seu disco altamente recomendable Kings of Metal, o tema The crown and the ring. A disfrutalo!, mentres outros buscamos a revelación por outros lugares que aparecerán en próximos posts.


26/1/10

199. Mmmmm! Rico, rico!


Hoxe temos como protagonista, aínda que o título non se refire a el, a este simpático animaliño: a civeta asiática, un pequeno mamífero do sur do continente, que pesa uns 3 kg e mide un metro, máis ou menos, a metade bicho e o outro medio metro de cola. O animaliño nocturno en cuestión é omnívoro se fai falta, aínda que con preferencia pola carne, como ben deixan adiviñar os afiados dentes da foto.
O seu nome científico completo é Paradoxurus Hermaphroditus, que, curiosamente, non ten nada que ver coa morfoloxía sexual do animal, senón que se debe a que os primeiros que o observaron, apreciaron baixo a cola unhas pequenas glándulas que semellaban testículos, en ambos sexos. O certo é que son glándulas defensivas que nada teñen que ver coa reprodución do animal, senón que expulsan unha secreción nociva en caso de ser atacado.
Outra cousa que expulsa este simpático bicho (aínda que os habitantes de Sri Lanka non opinen o mesmo debido ó ruído das súas pelexas nocturnas) é café. Si, tal e como acabo de escribir, o bicho en cuestión é unha pequena fábrica de café, e non é pola habilidade que ten no tratamento dos grans coas súas garras, senón pola súa crucial e necesaria intervención no proceso de fabricación do Kopi Luwak, considerado como un dos mellores e máis exquisitos cafés do mundo.

Este café toma o seu nome das palabras indonesias que significan, respectivamente, "café" e "civeta", e o que vemos na foto da dereita, é o que máis ou menos podemos supoñer a estas alturas, excrementos de civeta, que, como podemos ver, están cheos de grans de café.
Parece ser que os zumes gástricos e as enzimas dixestivas do animal producen a fermentación só parcial do exterior do gran de café, o que lle da, segundo os críticos de Paradise Coffee (que tamén o venden), "un sabor rico e pesado, con toques de caramelo e chocolate. é tamén terroso e mofoso. Ten un corpo almibarado e moi terso", descrición que para os simples patáns gastronómicos (como o que escribe isto) resulta imposible de sacar dunha taza de café, pero que alguén con cartos debe considerar que ten todo iso e máis, xa que o prezo do quilo do Kopi Luwak ronda os 800 euros. Tal vez sexa pola recolección manual do produto polas selvas asiáticas, ou polo seu delicado proceso de lavado ou polo non menos delicado e coidadoso tostado, no que só se tosta lixeiramente para que non perda os matices de sabor que lle proporciona a súa peculiar orixe. O certo é que está considerado unha auténtica delicatessen, cousa que non pode dicir o pobre bicho, que iso si, é utilizado
regularmente como alimento polos habitantes da zona, que ademais usan a súa graxa como remedio contra a sarna. Se alguén paga o que paga polos residuos do bicho e se fai un café con eles, por que outros non o van comer, non?

En fin, bon appétit! (do café, non do bicho) e ata outra.


Recomendación:

Sen chegar a tal nivel de exquisitez como o dos 800 €/kg, pero que me encantan, e tamén como o Kopi Luwak, bastante descoñecidos, Battles, grupo neoiorquino, dos cales queda aquí o tema "Atlas" do seu único álbum ata o momento, Mirrored (2007).


19/1/10

197. Os mestres da república


"¡Dios, que buen vassalo! ¡Si oviesse buen señor!"

Cito o verso número 20 do "Cantar de mío Cid", glosa das fazañas dun dos heroes por excelencia do nacional-catolicismo que gobernou España con man de ferro durante corenta anos (e aínda hoxe nos estamos quitando de enriba), verso que pode definir a opinión deste blog sobre o libro "Maestros de la República", de María Antonia Iglesias, periodista, de profesión tertuliana mercenaria nestes últimos anos, con colaboracións en emblemas da telebasura, de forma tan sectaria que a veces case produce vergoña ata que estea de acordo con un. (Soa pouco obxectivo, pero hai persoas que meten medo diante dun micrófono ou cámara de televisión).

Como dicía, a autora do libro traballa cun material dunha forza impresionante como son as historias dos mestres asasinados despois do Golpe de Estado de 1936 (chamemos ás cousas polo seu nome, que xa vai sendo hora), pero como dicían os súbditos do rei de Castela, tales historias non atopan o vassalo que as conte en condicións, convertindo o libro en algo realmente farragoso e cansino.
De todas formas, entremos en materia con algunhas citas:

"Hasta aquí lo arrastraron tirándole de una cuerda que le habían atado al cuello". "Y en la sierra de Montecubeiro sucedió lo que resulta más estremecedor. Le cortaron los testículos. Le quitaron los ojos. Le cortaron la lengua. Y lo remataron a palos y tiros de escopeta." (sobre o asasinato de Arximiro Rico, mestre no concello de Castroverde, Lugo).

"... el párroco de Montecubeiro le decía: 'Confiesa, hija, confiesa aquí delante de todo el mundo que te vamos a matar como matamos a los otros'..." (testemuña sobre a morte de Manuela Graña, pariente do anterior).

"Yo llegué a pensar que mi padre -no sé por qué él y no mi madre- había sido un asesino, que había matado a gente y, por lo tanto, según lo que me enseñaban, mi padre estaba en el infierno..." (Hilda Farfante, filla de mestres fusilados en Cangas del Narcea, Asturias).

"Los llevaban de la cárcel al cementerio. Se ponía un cura en una esquina a confesarlos, y según confesaban a uno, lo pasaban al otro lado y le daban el tiro. Yo he visto en aquella pared, sesos, huesines y todas esas cosas." (filla de Bernardo Pérez, mestre fusilado en Fuentesaúco, Zamora).

"Persona indigna de figurar en la España nacional" (informe do alcalde de Móstoles, Madrid, sobre Gerardo Muñoz, mestre fusilado "por la Justicia del Caudillo", cita do párroco de dita localidade informando sobre o fusilamento).

Empecei a ler este libro fai dous anos, pero non fun capaz de seguir despois do primeiro capítulo, o que narra a matanza de Montecubeiro, non sei se horrorizado, pero tal lectura non me facía sentir moi ben. A pesar de todo, retomei neste Nadal o libro e fun descubrindo a magnitude da depuración, ben física (léase asasinato) ou laboral (ser apartados do corpo de Mestres ata amosar "adhesión al Glorioso Movimiento Nacional" (sic)), sufrida polos mestres da República durante e despois da mal chamada Guerra Civil. Ó longo daquelas páxinas podemos ler historias con un denominador común, o absurdo da barbarie perpetrada por un nacente réxime contra aqueles que podían aportar un ben, a educación, a aquela España case terceiromundista naqueles anos, ben que moitos consideraron un perigo para a conservación dos seus privilexios, e que se poden mencionar sen o menor asomo de dúbida, os caciques, a Igrexa Católica, os terratenentes, e, en xeral, todos aqueles que tiraron proveito da contenda para resolver de forma miserable disputas persoais.

As denuncias eran habitualmente falsas, ou anónimas, cando as había, porque non era tampouco raro que existise unha lista de persoas a depurar (matar, falando claro), lista elaborada polas forzas vivas do pobo (cura, cacique, alcalde, etc.), ou simplemente, secuestro por parte dunha combinación de todos estes coa Falange, ben baixo o seu uniforme ou colaborando con eles. A aplicación da Lei de Fugas era frecuente, e a legalidade, transparencia e xustiza dos procesos xudiciais era bastante discutible, cando non eran directamente unha posta en escena destinada a vestir de formalidade o asasinato dunha persoa.

Por riba de todo isto, que xa é moito, queda a represión contra as familias dos asasinados, vivindo co terror permanente do peso de ser "fillos de", nunha sociedade que, precisamente, coa desaparición desta xente, conseguiu un retroceso educativo que nos situou á cola de Europa durante décadas e do que aínda hoxe estamos recuperando a marchas forzadas. O silencio foi como unha lousa para a memoria e a conciencia de moitas persoas, que tiveron que ver en algúns casos como os seus familiares mortos eran sancionados a posterioridade, ben pola ignorancia da burocracia, ou peor, polo asañamento do réxime cos que consideraba os seus inimigos, moitas veces para deixar ás viúvas dos asasinados sen pensións. E chegando ó refinamento na crueldade, voluntaria ou non, a casos nos que os familiares dos asasinados recibiron a conmutación das penas de morte por outras máis leves, ou incluso o indulto.

O retrato, para quen teña a ben ler este libro, dunha época marcada polo sangue e o odio entre xente que convivía a diario e que non dubidou en matar, ou facer que outros mataran por eles, para resolver os seus problemas ou manías da peor das formas posibles. Asimesmo, un recordatorio de porque lembrar o noso pasado e non tapar e tirar para adiante, co perigo de non aprender nada de todo o sucedido, tanto en xente, que, como o goberno que aprobou a Lei de Memoria Histórica, non se molestan moito en aplicala, ou como outros que fan todo o posible por esquecer o pasado e dan polo mundo adiante exemplos que avergoñan ó noso país.


Recomendacións:
  • Precisamente, contra o esquecemento, podemos visitar a páxina web da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica.
  • Se podedes co libro mencionado, a pesar da súa pouca calidade literaria e tediosa estrutura, ou se precisamente isto vos fai desistir, tamén temos a posibilidade de ler "Despois da Guerra", libro de relatos baseados na durísima represión sufrida durante a posguerra nas comarcas de Ordes e Santiago, escrito por Manuel Pazos, historiador natural de Marzoa, no concello coruñés de Oroso.
Saúdos e República. 


193. Necio


Necio. ...2. Imprudente y falto de razón.
(Diccionario de la lengua española. RAE. 22ª ed.)


"Existen males mayores que los que esos pobres de Haití están sufriendo estos días, ¿no? Nosotros nos lamentamos mucho de los pobres de Haití, pero igual también deberíamos, además de poner toda nuestra solidaridad en ayudar a los pobres, nuestros medios económicos, etc., también deberíamos de llorar por nosotros, por nuestra pobre situación espiritual, por nuestra concepción materialista de vida, ¿no? Quizás es un mal más grande el que nosotros estamos padeciendo que el que esos inocentes también están sufriendo."
(José Ignacio Munilla, bispo de San Sebastián, entrevistado na Cadena SER ó día seguinte do terremoto da semana pasada en Haití)


"El citado titular está extraído con "forceps" de una pregunta “teológica” que se me hizo, referente a cómo creer en la existencia de Dios ante el sufrimiento de tantos inocentes... Yo expliqué que el mal que sufren esos inocentes no tiene la última palabra, porque Dios les ha prometido la felicidad eterna. En ese contexto, utilicé la expresión "existen males mayores", refiriéndome explícitamente a otro tipo de mal, al “pecado” de quienes vivimos en los países ricos y somos cómplices de una opulencia insolidaria hacia los pobres. Como es obvio, yo estaba hablando en un plano teológico dando respuesta a una pregunta de índole teológico."
(Nota aclaratoria de José Ignacio Munilla, bispo de San Sebastián, na súa páxina web)


Cinismo. 1. Desvergüenza en el mentir o en la defensa y práctica de acciones o doctrinas vituperables.
(Diccionario de la lengua española. RAE. 22ª ed.)


Recomendación:

Despois de ler o anterior, a opinión deste blog queda clara, e visto que un home con tal falta de espíritu cristiano pode chegar a ser bispo (a explicación sería que foi nomeado por outro similar), desde aquí vou recomendar a un grupo que demostrou que se pode triunfar no mundo da música sen saber tocar nin cantar. Xa sei que isto non é ningunha novidade hoxe en día, pero eles foron os primeiros que o fixeron, os Sex Pistols en Anarchy in the UK. (A primeira frase da letra parece creada ex profeso para este post).


15/1/10

191. A partir de hoy, Red y Libertad


Consideramos imprescindible la retirada de la disposición final primera de la Ley de Economía Sostenible por los siguientes motivos:

1. Viola los derechos constitucionales en los que se ha de basar un estado democrático en especial la presunción de inocencia, libertad de expresión, privacidad, inviolabilidad domiciliaria, tutela judicial efectiva, libertad de mercado, protección de consumidoras y consumidores, entre otros.

2. Genera para la Internet un estado de excepción en el cual la ciudadanía será tratada mediante procedimientos administrativos sumarísimos reservados por la Audiencia Nacional a narcotraficantes y terroristas.

3. Establece un procedimiento punitivo “a la carta” para casos en los que los tribunales ya han manifestado que no constituían delito, implicando incluso la necesidad de modificar al menos 4 leyes, una de ellas orgánica. Esto conlleva un cambio radical en el sistema jurídico y una fuente de inseguridad para el sector de las TIC (Tecnología de la Información y la Comunicación). Recordamos, en este sentido, que el intercambio de conocimiento y cultura en la red es un motor económico importante para salir de la crisis como se ha demostrado ampliamente.

4. Los mecanismos preventivos urgentes de los que dispone la ley y la judicatura son para proteger a toda ciudadanía frente a riesgos tan graves como los que afectan a la salud pública. El gobierno pretende utilizar estos mismos mecanismos de protección global para beneficiar intereses particulares frente a la ciudadanía. Además la normativa introducirá el concepto de "lucro indirecto", es decir: a mí me pueden cerrrar el blog porque "promociono" a uno que "promociona" a otro que linka a un tercero que hace negocios presuntamente ilícitos.

5. Recordamos que la propiedad intelectual no es un derecho fundamental contrariamente a las declaraciones del Ministro de Justicia, Francisco Caamaño. Lo que es un derecho fundamental es el derecho a la producción literaria y artística.

6. De acuerdo con las declaraciones de la Ministra de Cultura, esta disposición se utilizará exclusivamente para cerrar 200 webs que presuntamente están atentando contra los derechos de autor. Entendemos que si éste es el objetivo de la disposición, no es necesaria, ya que con la legislación actual existen procedimientos que permiten actuar contra webs, incluso con medidas cautelares, cuando presuntamente se esté incumpliendo la legalidad. Por lo que no queda sino recelar de las verdaderas intenciones que la motivan ya que lo único que añade a la legislación actual es el hecho de dejar la ciudadanía en una situación de grave indefensión jurídica en el entorno digital.

7. Finalmente consideramos que la propuesta del gobierno no sólo es un despilfarro de recursos sino que será absolutamente ineficaz en sus presuntos propósitos y deja patente la absoluta incapacidad por parte del ejecutivo de entender los tiempos y motores de la Era Digital.

La disposición es una concesión más a la vieja industria del entretenimiento en detrimento de los derechos fundamentales de la ciudadanía en la era digital.

La ciudadanía no puede permitir de ninguna manera que sigan los intentos de vulnerar derechos fundamentales de las personas, sin la debida tutela judicial efectiva, para proteger derechos de menor rango como la propiedad intelectual. Dicha circunstancia ya fué aclarada con el dictado de inconstitucionalidad de la ley Corcuera (o ley de patada en la puerta).

El Manifiesto en defensa de los derechos fundamentales en Internet, respaldado por más de 200 000 personas, ya avanzó la reacción y demandas de la ciudadanía antes la perspectiva inaceptable del gobierno.

Para impulsar un definitivo cambio de rumbo y coordinar una respuesta conjunta, el 9 de enero se ha constituido la "Red SOStenible" una plataforma representativa de todos los sectores sociedad civil afectados. El objetivo es iniciar una ofensiva para garantizar una regulación del entorno digital que permita expresar todo el potencial de la Red y de la creación cultural respetando las libertades fundamentales.

En este sentido, reconocemos como referencia para el desarrollo de la era digital, la Carta para la innovación, la creatividad y el acceso al conocimiento, un documento de síntesis elaborado por más de 100 expertos de 20 países que recoge los principios legales fundamentales que deben inspirar este nuevo horizonte.

En particular, consideramos que en estos momentos es especialmente urgentes la implementación por parte de gobiernos e instituciones competentes, de los siguientes aspectos recogidos en la Carta para la innovación, la creatividad y el acceso al conocimiento:

1 - Las/os artistas como todos los trabajadores tienen que poder vivir de su trabajo (referencia punto 2 Demandas legales, párrafo B. "Estímulo de la creatividad y la innovación", de la Carta);

2 - La sociedad necesita para su desarrollo de una red abierta y libre (referencia punto 2 "Demandas legales", párrafo D "Acceso a las infraestructuras tecnológicas", de la Carta);

3 - El derecho a cita y el derecho a compartir tienen que ser potenciado y no limitado como fundamento de toda posibilidad de información y constitutivo de todo conocimiento (referencia punto 2 "Demandas legales", párrafo A "Derechos en un contexto digital", de la Carta);

4 - La ciudadanía debe poder disfrutar libremente de los derechos exclusivos de los bienes públicos que se pagan con su dinero, con el dinero publico (referencia punto 2 "Demandas legales", párrafo C "Conocimiento común y dominio público", de la Carta);

5 -Consideramos necesaria una reforma en profundidad del sistema de las entidades de gestión y la abolición del canon digital (referencia punto 2 Demandas legales", párrafo B. "Estímulo de la creatividad y la innovación", de la Carta).

Por todo ello hoy se inicia la campaña INTERNET NO SERA OTRA TELE y se llevarán a cabo diversas acciones ciudadanas durante todo el periodo de la presidencia española de la UE.

Consideramos particularmente importantes en el calendario de la presidencia de turno española el II Congreso de Economía de la Cultura (29 y 30 de marzo en Barcelona), Reunión Informal de ministros de Cultura (30 y 31 de marzo en Barcelona) y la reunión de ministros de Telecomunicaciones (18 a 20 de abril en Granada).

La Red tiene previsto reunirse con representantes nacionales e internacionales de partidos políticos, representantes de la cultura y legaciones diplomáticas.

Firmado

La Red Sostenible somos todos/as. Si quieres adherirte a este texto, cópialo, blogguéalo, difúndelo.


14/1/10

181. Pallasos ou monstros?


"Algunhas persoas pensan que Adolf Hitler foi un mal tipo. El foi un gran home e un verdadeiro conquistador, e o seu nome nunca debe ser esquecido" (durante a unha visita a Alemaña preguntándose por que non había ningunha estatua no país na honra de Hitler).
"Sobre todo non beban demasiado. Operar á xente cando un está borracho está moi pero que moi mal" (nun encontro con médicos do seu país).
"I love you" (conciso telegrama de felicitación, ou iso se supón, dirixido a Gerald Ford trala súa toma de posesión como presidente dos EE.UU.).
Todas estas perlas saíron da boca de Idi Amin Dadá, presidente de Uganda entre 1971 e 1979, autoproclamado A Súa Excelencia o Presidente Vitalicio, Mariscal de Campo Al Hadji Doutor Idi AminCruz Victoria, Orde do Servizo Distinguido, Cruz Militar, Señor de tódalas Bestas da Terra e dos Peixes do Mar, Conquistador do Imperio Británico en África en Xeral e Uganda en particular e Rei de Escocia.


"Sabe? En realidade, non necesitamos coches. A miña xente prefire ir en bicicleta. Ós zaireños encántanos o deporte" (preguntado por un periodista acerca do pobre parque móbil do país).
"Roubar, se non se rouba demasiado, non é tan malo"

Estas dúas frases son de Mobutu Sese Seko, presidente do Zaire (actual R. D. do Congo) entre 1965 e 1997, e ladrón insaciable dos recursos do seu país. Non tiña cartos en bancos suízos, senón que roubou tanto que el mesmo era propietario dun banco suízo.


"Estou convencido de que se trata dunha morte natural, porque a natureza vai no sentido da Revolución Democrática Africana". Sékou Touré, presidente de Guinea desde 1958 ata o seu pasamento en 1984, referíndose á morte dun opositor despois de criticalo nun mitin celebrado o mesmo día desa sospeitosa morte.

"O pobo guineano en particular e o africano en xeral non teñen suficiente cultura pra practicar o pluralismo ideolóxico" Frase do ministro de Cultura de Guinea Ecuatorial con Teodoro Obiang Nguema, presidente do país desde 1979, cando sucedeu mediante un golpe de estado ó seu tío Francisco Macías Nguema, outra das xoias políticas deste continente, admirador de Franco que chegou a mencionar nun discurso a Adolf Hitler como "pai de África". Non é de estrañar a de eleccións que gaña con porcentaxes superiores ó 95%, chegando en algunhas provincias a facer pleno do 100%.

Conta Pierre Kalfon na súa biografía de Ernesto "Ché" Guevara como o revolucionario arxentino coñeceu nos anos 60 a Laurent-Desiré Kabila, sucesor de Mobutu Sese Seko, e a mala impresión que lle produciu "acompañado polo seu Xefe de Estado Maior, o ministro de Relacións Exteriores, rodeado de algunhas caixas de whisky e unha escolta de mulatas guineanas, paseando borracho nun Mercedes descapotable pola retagarda das operacións militares da guerrilla". Este é un fiel retrato do contexto no que podemos acabar de situar este post iniciado con citas de ditadores tan absurdos e ó mesmo tempo terroríficos como Idi Amin ou Mobutu Sese Seko, que tiveron nas súas mans o destino dos seus países e a vida dos seus habitantes durante anos e que coincidiron no poder durante a década dos 70 despois do chapuceiro proceso de descolonización de África, no cal se chegou a dar o beneplácito a figuras tan espectaculares como Jean-Bédel Bokassa, coroado en 1976 emperador da República Centroafricana, país que xa levaba presidindo desde 1966, nun acto que intentaba emular a coroación do seu admirado Napoleón Bonaparte.

Algunhas destas vidas exemplares, exemplo do que non debe ser un gobernante, están contadas por Albert Sánchez Piñol en "Payasos y Monstruos", onde deixa ben clara a resposta á pregunta do título do post, non había que escoller, eles conseguiron aunar ambas condicións nas súas vidas. O libro, a través das anécdotas que foron proporcionando os seus protagonistas vai pintando un cadro das ditaduras africanas desde os anos 60, que ben podería pasar por un cadro do Bosco retratando os pecados capitais. Luxuria, avaricia, soberbia, e así ata acabar a lista, van adornando os retratos destes gobernantes sen escrúpulos que os seus respectivos países foron sufrindo ó longo dos anos. Ademais, o libro conta co acerto, na miña opinión, de non quedar só nas anécdotas ou incluso en pinceladas dos horrores provocados por estes monstros, senón que tamén entra a facer unha análise do papel xogado polos países occidentais nestes feitos, tanto na descolonización como nos intentos de colocar títeres afíns ou sumisos nos gobernos destes países, a efectos de sacar beneficios económicos sen ter en conta ós habitantes de países de grandes riquezas, que, curiosamente, se atopan entre os máis pobres do mundo, e onde o respecto ós dereitos humanos é, en moitos casos, unha utopía.

Para pechar, citarei ó ministro de Asuntos Exteriores de Guinea Ecuatorial, país con unha peculiar boa relación con España (a nosa conciencia ten prezo?), que, goberno tras goberno de calquera cor política, aprendeu a mirar para outro lado desde a bendición inicial de Franco na independencia en 1968. Como dixo este representante da ex-colonia española: "E que ten que ver a democracia cos dereitos humanos?". Gran verdade, como podemos apreciar hoxe en día sen máis que ver as novas do mundo.

Recomendación:
  • Ademais do libro mencionado, tamén hai outra historia, a que conta Adam Hochschild en "El fantasma del rey Leopoldo", onde conta a explotación do Congo por parte dos belgas no reinado de Leopoldo II a finais do século XIX e principios do XX. Os aproximadamente dez millóns de mortos producidos baixo o seu reinado comercial de terror fan que sexa merecedor da distinción de primeiro gran xenocida da era moderna.
  • A barbarie de algúns dos seus funcionarios e os seus modos inspiraron a Joseph Conrad durante a súa estancia no Congo para elaborar a súa novela curta "Corazón de escuridade", que á súa vez, trasposta nas selvas do sur de Asia serviu como base da inmensa "Apocalypse Now" de Francis Ford Coppola.
  •  

12/1/10

179. As bólas do dragón


Tranquilos, que ninguén pense mal, que non empezo o post con exabruptos, só trato de situar o contexto, a serie de anime Dragon Ball, máis coñecida en Galicia fai anos como As bólas máxicas, ou directamente polo seu protagonista Son Gokū. Grazas a esta serie, e en concreto, ó tema que podes escoitar no primeiro enlace, un vigués afincado en Xapón, Amir García, ven de gañar o concurso Sanmas san Super Karakuri Terebi (non traducirei para non presumir) da televisión xaponesa TBS cantando a versión EN GALEGO! de dito tema, así como unha indescriptible (tal vez se pode, pero mellor non facer sangue) versión adaptada dun tema da serie Gatchaman (en España, Comando G), esta última canción descoñecida aquí porque tivemos ocasión de disfrutar das versións de Parchís (*).

O da versión adaptada significa que utiliza a música do tema como fondo para unha letra que o concursante inventa, normalmente de motivo autobiográfico, neste caso sobre uns amigos españois que ten en Xapón cos que perdeu o contacto (perdeu ou perdérono eles intencionadamente?).

Un dos puntos que pon a guinda friki do concurso, xa friki de por si, foi a presenza como director do xurado de Mizuki Ichiro (poño o enlace inglés porque o galego é moi breve e o español é unha tradución automática cutre), que para informar, é o cantante da sintonía orixinal de Mazinger Z. Esta nota é a que nos permite entender o chiste da repetición das "z" durante a presentación, e sen máis aí vai o vídeo:



Supoño que estaredes impresionados, non? Tamén entendería que horrorizados, anonadados e un montón de "-ados" máis que non vou poñer para non coartar a vosa imaxinación. O certo é que Xapón é, sen lugar a dúbidas, outro mundo, en tódolos sentidos, empezando pola súa televisión. O mellor de todo é que a razón que da o xurado para que Amir García superase ós outros 299 participantes é o seu amor e paixón pola cultura xaponesa.

(*) Custa crer que os da xeración de inicios dos 70 que vivimos isto en primeira persoa conseguiramos sobrevivir sen ser atendidos por un exército de psiquiatras. Aínda que a cambio tamén tivemos ocasión de rir despois con lendas urbanas tan graciosas como a de que Enrique Bunbury era a ficha azul xa crecido, o que por outra parte tampouco sería tan raro vendo a rareza do elemento.

Recomendación:

Como xa quedou claro no post anterior, considero que o galego é unha lingua útil, pero esta nova abre uns horizontes ata agora insospeitados e inimaxinables para min. E xa que viaxamos ata o país do Sol Nacente (sempre quixen escribir este topicazo), vou recomendar a novela de Kenzaburō Ōe, premio Nobel de Literatura de 1994, titulada en España El grito silencioso, que como podemos ver no enlace, non ten nada que ver co título orixinal, o que non quita que sexa altamente recomendable. Dura e sen concesións desde a impactante escena inicial, ben merece a pena adentrarse nas súas páxinas para ver porque lle deron o premio da Academia Sueca.


9/1/10

173. Sobre decretos e outras miserias humanas


Nestes días de vagancia, encherolas familiares varias, neve e compras case compulsivas, así como quen non quere a cousa, apareceron un día en rolda de prensa o Presidente da Xunta e o Conselleiro de Educación para anunciar a solución a tódolos males do noso sistema educativo: o Novo decreto do galego (oficialmente, Decreto do plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, así soa como máis importante, debeu pensar a mente lúcida que o redactou). Nesta comparecencia pública dos no sucesivo denominados Inepto Educativo 1 e Inepto Educativo 2 (o número é só para distinguir, non indica necesariamente unha gradación do descoñecemento do sistema educativo que teñen ó seu cargo, que en ambos casos aparenta ser de bastante importancia), o día 29 de decembro, I.E.1, escoltado por I.E.2, desglosou unha serie de razóns e argumentos para un novo marco regulador das linguas no noso sistema educativo, interesantes razóns cheas de sapiencia, pero con un pequeno defecto, que parecía estar falando non doutro país, senón doutro planeta no que á educación se refire. Un dos anuncios estrela é o trilingüismo, coa novidade das materias en inglés e as cotas mínimas do 33% para as linguas. Tal vez, se tivera sido informado por I.E.2 do estado real do sistema educativo, sabería que estamos de pena en canto a competencias lingüísticas e matemáticas, co cal debería pensar en outras prioridades:

- O recorte de prazas do profesorado co conseguinte aumento do número de alumnos por clase non favorece a calidade do ensino, por moito que o I.E.2 mire para outro lado.
- A situación das linguas non se amaña coa circular 5/2009, duro ataque ás Escolas Oficiais de Idiomas. (Un dos episodios máis esperpénticos foi o referido neste artigo, no cal I.E.2 negouse a recibir a un grupo de profesores da EOI de Lugo porque non lle gustou como lle protestaron).
- Tampouco é un gran solución para o sistema público a inxección de cartos nos centros privados concertados. Por que seguimos a pagar estes centros con perda de alumnado nos públicos?

Esto son pequenos exemplos de como está a situación, pero imos centrarnos no xa famoso borrador do decreto. Como diría o Rei, nestas datas tan sinaladas fixen un oco nas actividades da época e tiven a ben ler o borrador (ver aquí) para ter unha idea do que ía falar.
O documento en si, unhas escasas trece páxinas, lese bastante rápido, letra grande e un estilo bastante sintético, excepto no preámbulo, que presenta o característico estilo oficial de imos encher un par de follas sen dicir nada, cousa non de todo exacta, porque no referido á consulta ós pais (exemplo de rigor estatístico que debería estudarse na miña querida Facultade de Matemáticas e exemplo de usar os datos como a un lle convén, descúbrome ante Anxo Lorenzo, candidato a I.E.3) de principios do verán conta o que o propio goberno nos contou antes para convencernos da necesidade dun novo decreto. Outra das súas virtudes é o uso constante da ambigüidade, que permite dicir unha cousa e a contraria segundo sexa necesario e quedarse tan ancho.

Acto seguido pasamos ás disposicións, onde abunda a expresión "carácter xeral" (abrimos a porta a excepcións interesadas xerais?) e se nos anuncia:
Educación Infantil
Aparece o interesante concepto de lingua predominante e novamente a consulta ás familias (E se papá quere un idioma e mamá outro?). De todas formas atenderase individualizadamente ós alumnos da lingua non predominante. (Contratarán máis mestres?).

Educación Primaria, Secundaria e Bacharelato
Aparece o da competencia en lingua estranxeira e os terzos (galego, castelán e outra lingua estranxeira). En Primaria, Matemáticas e Coñecemento do Medio pasan a ser impartidas unha en galego e outra en castelán segundo a opinión vinculante das familias (Outra curiosa posibilidade: profesor galegofalante dando clase en castelán e o seu compañeiro castelanfalante dando clase en galego. I.E.1 e I.E.2 en acción rematando coa imposición, non?).
En Secundaria, máis do mesmo, Matemáticas e Ciencias Sociais. En ambos casos, poderían ser impartidas en linguas estranxeiras baixo autorización da inspección educativa (cousa improbable, pois estarán demasiado ocupados recurtando persoal centro a centro).
En Bacharelato, "cada centro educativo ofertará unha oferta equilibrada de materias comúns, de modalidade e optativas para impartir en galego, en castelán e en linguas estranxeiras". (Cito literalmente este exemplo de non dicir nada).
No resto dos niveis educativos (F.P. específica, ensinanzas artísticas e deportivas e ensinanzas de persoas adultas) o borrador enuncia xeralidades, especificando que o alumnado coñeza o vocabulario específico en galego dos módulos.

A partir de aquí, enúncianse outros aspectos como o dos materiais curriculares (abrimos outra porta a regalos ó sector editorial como o foi o cambio no sistema de gratuidade dos libros de texto?); o proxecto linguístico do centro (previsible fonte de problemas nos claustros de profesores), cun curioso último punto 5, ver páx. 8, no cal a Administración se reserva o dereito a cambios ano a ano usando como coartada á maltratada Lei de Normalización Lingüística. Na disposición 10 fálase dos novos Equipos de dinamización da lingua galega (Cambio de nome dos Equipos de Dinamización e Normalización Lingüística para eliminar todo rastro da etapa bipartita? Se facemos caso ó propio borrador, na disposición adicional transitoria 2ª, non se ve moito máis).

O resto das disposicións enuncian aspectos prácticos de funcionamento e así imos chegando ás disposicións adicionais, que seguindo o costume ó que o goberno de I.E.1 (e outros máis, verdade, ministra de Cultura?) lle colleu o gusto de colar as cousas a última hora, atopamos as perlas que pechan este curioso colar:
- Primeira (determinación da lingua de impartición de materias). (Imos repetir o circo da enquisa outra vez? Desde aquí, como posuidor da especialidade de Estatística e Investigación Operativa, ofrézome voluntario, un pico para axudar á hipoteca non ven mal e visto o visto, o nivel do traballo tampouco debería asustarme). Consultarase cada catro anos ás familias e logo o tema pasara polo Consello Escolar, co cal temos un posible foco de enfrontamento entre o centro e os pais, que, como todos sabemos, é o clima ideal para un proceso educativo. Para rematar a xogada, o procedemento desenvolverase nunha orde posterior ó decreto, ou hai medo a anunciar as intencións, ou tanta presa co decreto non dou tempo a preparar isto.
- Segunda (avaliación do grao de competencia nas linguas oficiais). Establecerase un procedemento. Tan claro como transparente, outro bonito exemplo de como non dicir nada.
- Terceira (avaliación de resultados). Anualmente, o goberno analizará a aplicación do decreto e desenvolverá as disposicións precisas para a mellora dos seus obxectivos. Tampouco está a mal a posibilidade de parches ano tras ano, axuda moito nas labores organizativas dos centros.
- Cuarta (valoración da formación do profesorado en linguas estranxeiras). Dado que o ataque ás EOI está sendo duro, a ver como se fai isto, máis ben parece que imos para atrás.
- Transitoria 1ª (o mellor para o final). Cito textualmente: "Na medida en que os centros educativos non dispoñan dos recursos humanos que lles permitan ofertar as horas semanais en lingua(s) estranxeira(s), estas impartiranse en galego ou castelán, escoitando a opinión das familias e aprobando no Consello Escolar unha asignación lingüística que asegure o máximo equilibrio na distribución de horas semanais nas dúas linguas oficiais". É dicir que se non se pode, pois non se pode e ademais é imposible. O problema é que centros destes hai bastantes.
- Transitoria 2ª (cambio de nome dos EDNL).


(E ata aquí chega o borrador e comentarios ó respecto)

Resumindo, creo que estamos ante un decreto que vai facer pagar ó sistema educativo as débedas electorais de I.E.1 polos favores prestados en forma de follón mediático na campaña por colectivos como Galicia Bilingüe (de todas formas, tampouco lles gustou moito), decreto que se fai desde un punto de vista político sen máis miras que as do electoralismo puro e duro, facendo méritos máis alá do Padornelo para futuras aventuras políticas do actual inquilino da residencia de Monte Pío. Tamén cabería preguntarse porque este post que eu me tomei un par de horas en facer non se ten visto en xornais tan serios como aqueles que se fixeron eco das tropelías do anterior goberno durante a campaña das pasadas eleccións. Será que eu non recibo subvencións da Xunta nin estou metido en guerras empresariais con outros blogs de intereses distintos? Todo isto son divagacións, pero co problema de que tratan sobre un dos valores máis importantes que coidar, a educación dos nosos fillos, valor que leva tempo sendo tratado como algo irrelevante polos nosos políticos (sen excepcións, hai que ser xustos) e que ademais engade elementos de posibles conflitos entre pais de alumnos e centros educativos, co cal queda en evidencia outro dos aspectos do modo de proceder político de I.E.1 e I.E.2, a covardía á hora de dar a cara, que solucionan pasándolle o problema a outros, neste caso aínda peor, creando eles un problema para que o resolvan outros.

KONIEC (toma competencia en linguas estranxeiras!)


7/1/10

167. O arrebato final


A causa da morte de Iván Zulueta non foi o arrebato que nos ensinou fai trinta anos, pero o certo é que o pasado 30 de decembro desapareceu un dos directores máis peculiares da historia do cine español. Zulueta, que desenvolveu a maior parte da súa carreira como artista gráfico, e en particular como cartelista, pasou á historia do cine español por unha das súas únicas dúas longametraxes, Arrebato, película de 1979, que entre outras sensacións, comparada co cine patrio da época produce a sensación de estar en outro planeta.

Arrebato

A película, turbia e envolvente por momentos, cruza as historias de José e Ana, por unha parte, e Pedro, pola outra. José, director de cine, e Ana viven unha historia de amor-dependencia-odio e destrucción mutua mesturada con diversas adiccións a drogas (ata que punto está incluida a autobiografía de Zulueta neste aspecto non está moi claro) na cal se ve que ambos levan unha existencia sen rumbo nin expectativa algunha. Pedro, personaxe encarnado polo singular Will More (tan raro o actor como o seu personaxe), coñece a José por mediación dunha prima súa e con só dous encontros causa nel unha profunda impresión. Tras un longo período de tempo no que imos coñecendo as historias de ambos, en franco declive os dous, José volve ter noticias de Pedro por unha serie de filmacións que este lle envía xunto cunha gravación (inquedante voz en off que marca a película) que conta a peripecia deste intervalo de separación. A película vaise facendo cada vez máis opresiva e condúcenos á busca do que Pedro chama o arrebato, como obxectivo das vidas de ambos, mesturando a historia con unha reformulación totalmente novidosa do mito do vampiro. (E non se pode contar máis sen destripar o argumento).

Como nota curiosa, citar que a primeira aparición de Eusebio Poncela (José) no filme comparte escena con Antonio Gasset, aquel inesquecible crítico-filósofo cinematográfico de "Días de cine". Ah, tempos aqueles!

As imaxes que podemos ver no filme, innovan tanto na súa forma, que a sitúa no cine experimental, como na crudeza para a época da súa temática, desnudos, drogas, sexo explícito, homosexualidade claramente insinuada, todo en 1979, que non é necesario comentalo, non era o máis frecuente nas carteleiras deste país. O como a película chegou a finalizarse é un misterio, con unhas previsións de presuposto de 3 millóns de pesetas da época e 2 días de rodaxe, a cousa foi complicándose ata os 14 días e os 14 millóns de pesetas, problemas coa anarquía de Will More. (Ver o vídeo de presentación dunha edición posterior da película para El País). Despois de finalizar o filme, o esgotamento do propio director, xunto cos problemas derivados das súas constantes idas e voltas coa heroína, fixeron que Zulueta se retirara ó seu San Sebastián natal para desintoxicarse e seguir traballando no mundo da arte plástica con un par de esporádicas incursións no cine, no que xa quedou marcado para sempre como "director maldito" (ver biografía completa).

Recomendacións:
  • Vin a película fai uns anos, e chamoume a atención, pero volvendo a vela onte, quedei totalmente admirado e por iso vai ser a primeira recomendación deste ano. Paciencia, que non é precisamente comida rápida cinematográfica.
  • Unha asociación que se fai a veces con esta película é a do grupo Parálisis Permanente, de feito aquí queda o vídeo do tema "Autosuficiencia" no que se mesturan imaxes do videoclip orixinal coas da película Arrebato. Curioso tamén observar o sinistro parecido entre o cantante do grupo, Eduardo Benavente e Will More na película. Para rematar a parte tétrica do asunto, comentar que Eduardo Benavente, morreu ós 20 anos nun accidente de tráfico indo a un concerto da banda.

6/1/10

163. Enigma económico


Imos rematando e sobrevivindo a estes festexos (mañá rebaixas, mmmmm!) o mellor que podemos, pero aínda así a maldade da observación non descansa nestes días. Hoxe mesmo tiven ocasión de presenciar a seguinte conversa nunha pastelaría mentres ía facerme co tradicional roscón de Reis (co boa persoa que fun e o pouco que me trouxeron, definitivamente, non compensa, así que a partir de agora vou ser malo), ó que estaba, a conversa no mostrador foi a seguinte:

- ¿Cuánto es?
- 1,78 €. ¡Ah, no!, perdona, 1,80 €.
- ¿Cómo?
- Sí, 1,80 €, es que ayer subió un céntimo.


Pregunta: Que foi do céntimo misterioso?

Ante isto, que máis se pode comentar? O ano empeza con forza! A ver quen é o listo que se atreve a calcular os datos do IPC, porque con esta fiabilidade nas contas tanto pode saír que estamos mellor que Abu Dhabi como que temos que emigrar a Etiopía a facer fortuna.