24/5/10

349. Orgullo friki 2010


Mañá é o día. Por fin chega ese momento do ano no cal un pode pasear e presumir dese friki que leva dentro alardeando deses saberes recónditos sobre cultura televisiva e cinematográfica habitualmente desprezados pola chusma.
Para aqueles corazóns sensibles que poden apreciar estes valores de frikerío deixo aquí a modo de agarimoso saúdo esta escena chea de paixón e tenrura, así como peculiar exemplo onde os haxa de relación paterno-filial. Feliz Día do Orgullo Friki 2010!

(Snif, snif! Que bonito!)

Frikisaúdos, e antes de sentir vergoña por amosar o voso frikerío lembrade unha das grandes verdades que deben guiar os pasos de todos nós por este mundo:

"Sempre hai alguén máis friki que ti"


1 comentario:

Pedrote dijo...

Para demostrar mi enooooorme frikismo (o frikidad, no se como se dice), va la pregunta del millón: ¿Porqué los números que indican los post que escribes van saltando y no son consecutivos? (pregunta friki donde las haya)