Como poderedes apreciar na foto (obsérvese o grosor das pernas) con Tyrone Bogues (1'60 m), Manute Bol era interminable, pero deixounos a pasada fin de semana despois duns últimos tempos bastante tristes, arruinado, sufrindo varias enfermidades, e cunha situación persoal bastante delicada que incluía un divorcio complicado.
Este membro da tribo sudanesa dos dinka, de 2'31 m de alto, era extraordinario, pero non tanto nunha familia con varios membros superando os dous metros de altura. A chegada de Manute a Estados Unidos veu dada, como non podía ser doutra maneira, grazas ó baloncesto. Resulta que un primo del estudaba en Estados Unidos e lle comentou a alguén do mundo do basket da súa existencia. Atraido ante tal portento, a viaxe a Sudán foi inmediata e o resultado foi a viaxe de Manute rumbo a un instituto norteamericano e a súa elección no draft da NBA para os en aquel momento Washington Bullets (despois cambiaron o nome a Wizards por cuestións de corrección política).
Empezou a xogar a baloncesto ós dezaoito anos e cóntase que a primeira vez que intentou un mate deu cos dentes no aro da canastra, deixando parte deles en tal aventura, e seguindo sen eles ate os 25 anos. A súa coordinación era escasa, pero a súa estatura intimidaba, non tanto o seu peso, de uns 80 kg (lembremos que medía 2'31 m), o que fixo que durante a pretemporada o equipo o sometera a unha estricta dieta de engorde a base de pizza! coa fin de gañar unha certa consistencia corporal, que, aparte de aumentar a súa capacidade defensiva, tamén lle serviría para evitar posibles lesións no contacto cos pivots dos equipos contrarios. (Como curiosidade, a foto ilustra a coincidencia no mesmo equipo dos homes máis alto e máis baixo da liga na temporada 1987-88)
Na súa primeira temporada na NBA, superou a mellor marca de tapóns dun novato, aínda que con escaso poder anotador. Ademais do seu físico, o seu carácter extravertido fixo que os contratos publicitarios empezaran a chegar e foi facendo unha fortuna durante os anos que estivo na NBA, ata 1995. Por desgraza, esta fortuna desapareceu rapidamente, debido ós seus hábitos de grande xenerosidade, e para que ocultalo, malas inversións e despilfarro en luxos innecesarios, mansións, coches, e donativos a organizacións tan dubidosas como o Exército de Liberación do Pobo de Sudán. A súa carreira deportiva rematou tras xogar en lugares tan exóticos para o baloncesto como Uganda e Qatar.
A estrela de Bol empezou a declinar, e padecendo artrite sen poder pagar os tratamentos apropiados, a súa muller abandonouno cos seus catro fillos, tendo que vender as súas casas en Exipto e Sudán, e a de Estados Unidos embargada. Mentres tanto, vivía nos suburbios da capital sudanesa, Khartún, onde estaba poñendo en pé (ou algo así) unha nova vida con dúas esposas, un fillo e outros catorce parentes. Para rematar o infortunio, en 2004, tivo un accidente de tráfico batendo con outro coche, no que o outro condutor morreu e el tivo lesións no pescozo, así como a fractura dun brazo e unha perna. Os coidados da rehabilitación eran demasiado caros e foron os seus ex-compañeiros dos Golden State Warriors, Chris Mullin, Mitch Richmond ou Tim Hardaway, entre outros, os que botaron man del para levalo a Estados Unidos, onde o ex-xogador NBA que conta nas súas estatísticas con ser o único xogador que ten matado un león sen usar armas de fogo. Finalmente, sobrevivindo coa pensión que concede a NBA os ex-xogadores e ademais de tódolos problemas de saúde que tiña, sufrindo unha rara enfermidade, o síndrome de Stevens-Johnson, o seu corpo non resistiu máis e deixounos o sábado pasado.
Como recordo desde aquí deixo este vídeo para poder ver en acción a tan singular elemento, onde ademais do seu repertorio de tapóns podemos ver tamén unha das súas facetas menos coñecidas, a de tirador de triples, na que chegou a acadar un 22% de efectividade no seu primeiro ano en San Francisco, dato realmente impresionante para un home da súa altura.

Recomendación:
"Temes a la imaginación. Y a los sueños más aún. Temes a la responsabilidad que puede derivarse de ellos. Pero no puedes evitar dormir. Y si duermes, sueñas. Cuando estás despierto, puedes refrenar, más o menos, la imaginación. Pero los sueños no hay manera de controlarlos."
Certo é que a vida de Manute Bol sería digna dunha novela, pero de momento só recomendo novelas reais. Como tal, o fragmento que reproducín é de "Kafka en la orilla" de Haruki Murakami, historias separadas de dous personaxes, Kafka Tamura, un adolescente fugado da casa e Satoru Nakata, un vello con graves limitacións intelectuais, que van confluíndo ó longo da novela, entremezclando a realidade e o mundo onírico dunha forma que fai que nos vaiamos metendo na historia e enganchándonos ata o final. Simplemente encantadora.

No hay comentarios:
Publicar un comentario