29/6/10

401. 1984


"A guerra é a paz.
A liberdade é a escravitude.
A ignorancia é a forza."

Con estas tres simples consignas reforza o superestado de Oceanía as crenzas políticas dos seus habitantes. Unhas consignas que tódolos membros do Partido levan gravadas na súa mente e que son actualizadas continuamente mediante o incrible traballo manipulativo do Ministerio da Verdade e o igualmente terrorífico do Ministerio do Amor, e o seu brazo executor, a Policía do Pensamento.

Todo este desolador panorama ten lugar en "1984", unha terrorífica distopía de George Orwell, na que advirte dos perigos do totalitarismo construíndo unha ficción situada no Londres de 1984 (a elección do ano é simplemente un cabio das dúas últimas cifras do ano de edición da novela, 1948). A pesar do que se ten dito, non é unha novela anticomunista; o axuste de contas de Orwell co réxime estalinista da URSS xa estaba feito en 1945 na súa novela "A revolta dos animais", pero en 1984, o autor fai unha serie case interminable de símiles onde nos advirtes dos perigos dos principais réximes totalitarios da época, a propaganda nazi e soviética, a reescritura constante da historia por parte de Stalin, a veneración á figura do Grande Irmán (ou Stalin, que máis da o nome?), a propiedade absoluta do Estado sobre as vidas, os actos, e incluso os pensamentos dos seus gobernados.

A existencia en Oceanía lembra á Alemaña nazi ou á URSS de Stalin na existencia cotiá (real ou non) dun inimigo externo que aglutina á poboación utilizando o odio como un eficaz mecanismo de manipulación e control das masas. Outra característica é a profunda estratificación da sociedade baixo a apariencia oficial da igualdade absoluta, o que non pasa de ser un perverso uso da ideoloxía revolucionaria para lograr despersonalización do individuo con vistas ó seu dominio. Finalmente, outro dos símiles é o estado de guerra permanente (igualmente real ou inventada) no que se fai vivir á sociedade, o que fai que se fanatice ante o inimigo e sexa máis maleable segundo a conveniencia do poder.
Todo isto configura unha das máis estremecedoras utopías nunca escritas e desvirtuada para o público moderno posteriormente polo uso da figura do Grande Irmán para a elaboración dun dos paradigmas da actual telebazofia coa que nos soen obsequiar as nosas televisións.


Recomendación:

Despois de todo o que levo escrito, creo que a lectura de calquera das novelas de Orwell é altamente aconsellable. E se nos fixamos no último parágrafo, a segunda, e na miña opinión, mellor recomendación do post: lembrade que a tele non se estropea por estar apagada.



4 comentarios:

Pedrote dijo...

Me alegra ver que alguien pone al mismo nivel la Alemania nazi y la Rusia de Stalin. Ya estaba algo aburrido de que siempre los malos fuesen los fachas, y los comunistas (o izquierdosos) unos santos varones.

AMADO MIO dijo...

Hombre,la Alemania nazi y la Rusia stalin pueden ser y son bien merecidamente rebajadas al mismo nivel de iniquidad y de tropecientos adjetivos más de rechazo y desprecio.

Pero de ahí a equiparar a fachas con comunistas (o izquierdosos) hay una abismal diferencia. O es un lapsus o es una lástima.

Suso dijo...

Para nada equiparo as ideoloxías, para iso están os que venden o suposto "centro", pero si o nivel de irracionalidade e desprezo polo ser humano de ambas. Nestes días pasarei por Dachau e poderei lembrar os horrores de Hitler, pero aínda non se me produce máis ou menos medo que as atrocidades de Stalin, creo que son incomparables. Unha mostra de alguén que apañou todo foi Margarete Buber-Neumann (historia rocambolesca, estremecedora e interesante), da cal espero (mellor, prometo) algún día escribir algo no blog.
Saúdos, pacientes seguidores do blog.

Pedrote dijo...

Para aquellos que todavía creeis que existen diferencias entre la izquierda y la derecha, quiza esté bien que marqueis diferencias (en uno u otro sentido). Yo he dejado de creer en izquierdas y derechas, en nacionalismos de uno u otro estilo. A fin de cuentas, todo se reduce a lo mismo, ostentar (o detentar) el poder. Y seais de un lado o del otro, vais a sacar el mismo beneficio que los que nos declaramos apolíticos (mejor debería decir antipolíticos): Ninguno.

Pero debatir con personas equilibradas siempre es un placer, poqque lamentablemente no hay muchas.