26/6/10

397. Escenas despois da batalla (II)


Por fin rematou o curso, salvo trámites burocráticos e ese momento tan querido dentro da profesión que son os claustros, reunións onde podemos debater sobre o humano e o divino, perdendo o tempo en bastantes ocasións. Pero como nestas épocas hai notas, soe haber nais (e algún pai) que veñen falar cos profesores/domadores da súa prole e déixannos frases para a historia como as que se citan a continuación:

- "Eu non sei que lle pasa á nena, porque a súa irmá está facendo unha carreira e vai aprobando todo sen ningún problema".
(Aí está o fallo, xa me parecía que lle tiña que facer os exames á outra irmá)

- "O rapaz está con tratamento, pero non llo estamos dando por se acaso".

(Non vaia ser que mellore, claro)

- "Estamos moi matizados con respecto ó do rapaz".
(Pois menos mal, porque eu tendo a perderme nos matices)

- "Ai, profe! Coas notas destes exames non sei que imos facer coa rapaza".

(Por unha vez, eu si que o sei, é máis, téñoo clarísimo: Sus-pen-so!)

- "O neno, xa sabes, ven dun colexio de curas e alí se facía falta levantarlle a man..."

(Esta laxitude que nos invade na escola pública... non sei onde acabaremos)


Recomendación:

E para o verán, antes de que a prensa nos intimide cos supostos gustos literarios dos nosos políticos, desde aquí, vía recomendación de Grandma's Trust, aconsello "Las aventuras del valiente soldado Svejk", novela de Jaroslav Hašek, na que conta o absurdo da guerra desde o punto de vista das andanzas do soldado Josef Švejk, todo un paradigma da carencia das virtudes que debería ter un bo soldado, neste caso inmerso na Primeira Guerra Mundial no bando do Imperio Austrohúngaro.



6 comentarios:

Anónimo dijo...

Segue a recopilar e a publicar perlas coma estas, tan divertidas como verídicas... isto é algo exclusivo dos titores... función que espero tardar en desenvolver porque aínda teño dores de cabeza. Apertas. Mario

Pedrote dijo...

Preguntas sin respuesta:

El matizado, ¿no estaría tamizado?

El que proponía trabajar 5717 horas diarias, ¿está aprobado o se ha metido a sindicalista?

El padre del que tenía suspensa la primera y la segunda evaluación, y pendientes las matemáticas del curso anterior, ¿ha bajado ya de los mundos de yupi?

El que ya sabía lo que pasaba con la niña, ¿pidió el divorcio o fué obligado por su mujer a hablar contigo de nuevo?

La de las pastillas ahora es drogadicta, ¿no?.

Los resultados globales, ¿mejoran lo de abril o has vuelto a desafiar las leyes de la naturaleza?

Cuanta desinformación ...

Suso dijo...

Por sorte, Mario, vou librando das titorías, pero non creo que tal desafío ó cálculo de probabilidades dure moito. Cando en vez de recibir pais ocasionalmente pola miña asignatura, reciba ós de todo un grupo, este tipo de posts pode pasar a ser unha sección propia do blog.

Xa sabes, Pedro, que vivimos na era da información, e quen ten a información (e sabe manexar a desinformación) ten o poder. Pero é máis simple, procuro recoller estas perlas que aparecen ante os meus oídos e desaparecer como cazador furtivo, iso si, aguantando a risa, o que veces é difícil. Xa teño vida propia sen traerme ós fillos de outros para a casa, aínda que a algúns pais a idea seguro que lles resultaría fabulosas.
Os resultados globais andan sobre un 34% de aprobados (con man aberta incluída, que se non...) e nin nas previsións máis optimistas de setembro chegarán ó 50%. (Igual me sorprenden e aproban máis, pero dame que non vai ser así).

Pedrote dijo...

Los resultados globales están muuuy bieeen (para los tiempos que corren).

AMADO MIO dijo...

Outra perla para a colección: "Eu díxenlle ao rapaz que se porte ben, pero "se oprefesor te falta ao respecto, avísame"

AMADO MIO dijo...

Este vuestro estupendo blog acaba de ser “merecida y honoríficamente” galardonado con el premio AMADO-BLOG del mes de junio al MEJOR BLOG GALLEGO, y con gusto os informamos de que ya podéis recoger vuestro muy bien merecido premio en nuestro humilde blog: http://amado-amadoblog.blogspot.com/2010/07/diplomas-de-los-premios-de-junio.html?showComment=1278347475419#comment-c3072512497213206945
UN SALUDO