Estaba eu reflexionando tirado no sofá cando por algunha estraña asociación-divagación de ideas pensei que hoxe en día calquera pode escribir algo en Internet (isto é a proba). Non é estraño, xa que, dado que a ignorancia e a superstición (ou pseudociencia) chegan ata a Casa Real, ver como exemplos á Infanta Elena ou ó futuro Campechano II, por que non vai haber un público máis amplo disposto a recoller ofertas menos elaboradas, digo eu?
E postos a seguir reflexion...ado no sofá divagando, que é Internet? En certos casos, nada máis que unha novidosa forma de comunicar as nosas cousas a outras persoas de maneira máis rápida, barata (aínda que as compañías telefónicas non o saiban ou non o digan) e con posibilidades de chegar a unha inmensa cantidade de xente. Pero antes de Internet, xa había xente capaz de facer todo o que levo mencionado no post (ata as empresas de telefonía nos atracaban xa) e sen necesidade de ordenadores.
Así que, por que renunciar a métodos tradicionais? Iso debeu pensar o autor dun pequeno anuncio que atopei esta semana no meu buzón e que reproduzo aquí, ocultando os datos de identificación para evitar que algún incauto vaia caer en tan "fiables" mans e por riba perder uns euros. (Tiven dúbidas sobre deixalos e incitar á xente a facer algunha barbaridade, pero prefiro pensar que son boa persoa. Se outros enganan con pulseiras e parches, por que non me podo enganar eu a min mesmo?)
- Dentro dos problemas que resolve "por difíciles que sean", por que inclúe "todo lo que hace bien"? Desde cando iso é un problema?
- O de "por difíciles que sean" inclúe problemas como a conxectura de Goldbach?
- O máis inquietante. Despois de "etc, etc..." menciona "cualquier otra necesidad". Que pode haber neste apartado que non estea incluído no de "etc, etc..."? Cando menos, asusta pensar no tema.
En fin, que como todas estas patrañas, o tema non da para máis, así que aquí finaliza o post, aínda que... (a ver se cola) se alguén está interesado en coñecer os poderes curativos deste blog pode poñerse en contacto co seu autor para facerlle un xeneroso donativo que contribúa apagar as súas próximas vacacións financiar as importantes investigacións ás que consagra o seu tempo en beneficio da humanidade.
E postos a seguir reflexion...ado no sofá divagando, que é Internet? En certos casos, nada máis que unha novidosa forma de comunicar as nosas cousas a outras persoas de maneira máis rápida, barata (aínda que as compañías telefónicas non o saiban ou non o digan) e con posibilidades de chegar a unha inmensa cantidade de xente. Pero antes de Internet, xa había xente capaz de facer todo o que levo mencionado no post (ata as empresas de telefonía nos atracaban xa) e sen necesidade de ordenadores.
Así que, por que renunciar a métodos tradicionais? Iso debeu pensar o autor dun pequeno anuncio que atopei esta semana no meu buzón e que reproduzo aquí, ocultando os datos de identificación para evitar que algún incauto vaia caer en tan "fiables" mans e por riba perder uns euros. (Tiven dúbidas sobre deixalos e incitar á xente a facer algunha barbaridade, pero prefiro pensar que son boa persoa. Se outros enganan con pulseiras e parches, por que non me podo enganar eu a min mesmo?)
(o mini-panfleto en cuestión)
Todo isto recoñezo que me crea algunhas dúbidas:- Dentro dos problemas que resolve "por difíciles que sean", por que inclúe "todo lo que hace bien"? Desde cando iso é un problema?
- O de "por difíciles que sean" inclúe problemas como a conxectura de Goldbach?
- O máis inquietante. Despois de "etc, etc..." menciona "cualquier otra necesidad". Que pode haber neste apartado que non estea incluído no de "etc, etc..."? Cando menos, asusta pensar no tema.
En fin, que como todas estas patrañas, o tema non da para máis, así que aquí finaliza o post, aínda que... (a ver se cola) se alguén está interesado en coñecer os poderes curativos deste blog pode poñerse en contacto co seu autor para facerlle un xeneroso donativo que contribúa a
Recomendación:
Despois de tan profundas reflex...divagacións, vou deixar aquí unha suxerencia máis reconfortante para o espírito e seguramente menos penosa para o peto. Ray Bradbury propón un futuro distópico certamente preocupante na novela "Fahrenheit 451", unha estremecedora reflexión sobre a eliminación de todo tipo de cultura na sociedade e a onde nos podería levar isto.
"FAHRENHEIT 451: temperatura á que o papel dos libros se acende e arde...", así de estremecedor explica o autor ó inicio do libro por onde van ir as cousas.
"FAHRENHEIT 451: temperatura á que o papel dos libros se acende e arde...", así de estremecedor explica o autor ó inicio do libro por onde van ir as cousas.
1 comentario:
¿Quién es Campechano I?
Publicar un comentario