A educación(*) é un mundo no que podes atopar de todo, pero iso non significa que a miña capacidade de asombro non se poida ver superada ocasionalmente, como no caso que conto neste post. Non é que a ortografía, ou mellor dito, o maltrato que se lle proporciona nos centros de secundaria, sexa unha gran novidade, pero aínda así hai momentos que os nosos alumnos fan un esforzo suplementario e froito de tales instantes nacen cousas así:
Nada máis comezar a clase, observo, como é habitual, que dous alumnos non me prestan a menor atención. (Puntualizo: o habitual non é que eses dous en concreto non me fagan caso, senón que haxa alumnos que non fan caso). Ou si, porque un deles pregunta:
- Profe, ¿que es hipócrita?
- Que? Ah, alguén que fai o contrario do que di sentir, ou algo así...
- Mmmm... ¿Puedo coger el diccionario?
- Si, claro. (Total, xa que me non fas caso, que sirva de algo...)
.....
- Profe!
- Queeee?
- "Hipócrita", ¿es con h o sin ella?
- Con. (Paciencia... pode que estea aprendendo algo)
- ¿Ves? Ya te lo decía yo - apostillou unha compañeira, a outra que pasaba de min.
- Ah, gracias.
.....
- ¡No está!
- Que?
- Que no sale, "hipócrita" no está.
- Estás buscando con h?
- Si, claro, claro.
- A ver, deixa ver.
- Mira - dixo o alumno sinalando no diccionario - no está.
Acerqueime e vin o dedo delator entre "iguánido" e "ijada"
- Pero, non che dixen que era con h?
- Claro, por eso.
Ata que caín da burra e me dei conta que o meu privilexiado alumno buscaba "ihpócrita", e de forma hipócrita e amable, sen esbozar o menor asomo de sorriso, dixen:
- Si, pero ó principio da palabra.
- ¡Aaaaaah! Otra cosa, ¿y "apático"?
- Aagghhhl!...
(*)Educación: sistema aparentemente organizado mediante o cal uns seres denominados profesores tratan de intentar inculcar a uns rapaces unha serie de coñecementos supostamente útiles para a súa vida futura, tales como ler, escribir, facer contas e outro montón de cousas igualmente superfluas e innecesarias para triunfar na vida como protagonistas de programas de televisión, futbolistas, toureiros, coñecidos dos anteriores, etc.

Recomendación:
Como os profesores temos tempo libre e gañamos unha pasta, non temos preocupacións na vida. Froito de tal situación, investimos gran parte deste tempo en tarefas estúpidas e improdutivas para a sociedade, como, por exemplo, ler libros. Debido a iso, vou recomendar hoxe que vos unades a min en tal neglixencia como cidadán e leades "After Dark", o conxunto de historias de varios personaxes que se van entrelazando durante unha noite en Tokio por obra e gracia da pluma do escritor Haruki Murakami.
1 comentario:
SOCORRO! O que hai que padecer....
Publicar un comentario