1/10/10

557. Volta a empezar


Hoxe é un día importante, empeza a temporada 2010-11 do C.B. Breogán, o que, traducido a nivel práctico, significa que comezan meses de sufrimento animando ó equipo, vendo como as nosas esperanzas se esvaecen nas mans como grans de area, aínda que de vez en cando o equipo nos faga soñar, e por suposto, despertar do soño co tradicional batacazo.

Como dato curioso, este ano teño o carné de socio número pi, como ben se pode apreciar na imaxe, no número de socio. Así que a casualidade matemática servirá para facer acompañado este duro camiño, no cal espero que o equipo se empeñe en deixarme quedar mal e facer algo positivo, e se non, para botar unhas risas a conta da coincidencia.

(proba do delito matemático)

Polo tanto, só queda por dicir:Forza Breo!

Recomendación:

Como a temporada promete ser longa, e segundo o equipo nos vaia agasallando coas previsibles derrotas en momentos de ilusión máxima, bastante dura, para distraerse deixo aquí a recomendación da triloxía de novelas do desaparecido Francisco Casavella agrupadas baixo o título de "El día del Watusi". A unhas cinco páxinas diarias dá de sobra para cubrir a temporada completa e seguir a vida de Fernando Atienza desde a súa adolescencia, co punto de partida no 15 de agosto de 1971 en Barcelona. E de paso, continuar a serie de recomendacións deste blog iniciada no verán de novelas-ladrillo de cerca de 1000 páxinas, case 1200 neste caso.


1 comentario:

Pedrote dijo...

Pues no habeis empezado tan mal ...