19/1/10

197. Os mestres da república


"¡Dios, que buen vassalo! ¡Si oviesse buen señor!"

Cito o verso número 20 do "Cantar de mío Cid", glosa das fazañas dun dos heroes por excelencia do nacional-catolicismo que gobernou España con man de ferro durante corenta anos (e aínda hoxe nos estamos quitando de enriba), verso que pode definir a opinión deste blog sobre o libro "Maestros de la República", de María Antonia Iglesias, periodista, de profesión tertuliana mercenaria nestes últimos anos, con colaboracións en emblemas da telebasura, de forma tan sectaria que a veces case produce vergoña ata que estea de acordo con un. (Soa pouco obxectivo, pero hai persoas que meten medo diante dun micrófono ou cámara de televisión).

Como dicía, a autora do libro traballa cun material dunha forza impresionante como son as historias dos mestres asasinados despois do Golpe de Estado de 1936 (chamemos ás cousas polo seu nome, que xa vai sendo hora), pero como dicían os súbditos do rei de Castela, tales historias non atopan o vassalo que as conte en condicións, convertindo o libro en algo realmente farragoso e cansino.
De todas formas, entremos en materia con algunhas citas:

"Hasta aquí lo arrastraron tirándole de una cuerda que le habían atado al cuello". "Y en la sierra de Montecubeiro sucedió lo que resulta más estremecedor. Le cortaron los testículos. Le quitaron los ojos. Le cortaron la lengua. Y lo remataron a palos y tiros de escopeta." (sobre o asasinato de Arximiro Rico, mestre no concello de Castroverde, Lugo).

"... el párroco de Montecubeiro le decía: 'Confiesa, hija, confiesa aquí delante de todo el mundo que te vamos a matar como matamos a los otros'..." (testemuña sobre a morte de Manuela Graña, pariente do anterior).

"Yo llegué a pensar que mi padre -no sé por qué él y no mi madre- había sido un asesino, que había matado a gente y, por lo tanto, según lo que me enseñaban, mi padre estaba en el infierno..." (Hilda Farfante, filla de mestres fusilados en Cangas del Narcea, Asturias).

"Los llevaban de la cárcel al cementerio. Se ponía un cura en una esquina a confesarlos, y según confesaban a uno, lo pasaban al otro lado y le daban el tiro. Yo he visto en aquella pared, sesos, huesines y todas esas cosas." (filla de Bernardo Pérez, mestre fusilado en Fuentesaúco, Zamora).

"Persona indigna de figurar en la España nacional" (informe do alcalde de Móstoles, Madrid, sobre Gerardo Muñoz, mestre fusilado "por la Justicia del Caudillo", cita do párroco de dita localidade informando sobre o fusilamento).

Empecei a ler este libro fai dous anos, pero non fun capaz de seguir despois do primeiro capítulo, o que narra a matanza de Montecubeiro, non sei se horrorizado, pero tal lectura non me facía sentir moi ben. A pesar de todo, retomei neste Nadal o libro e fun descubrindo a magnitude da depuración, ben física (léase asasinato) ou laboral (ser apartados do corpo de Mestres ata amosar "adhesión al Glorioso Movimiento Nacional" (sic)), sufrida polos mestres da República durante e despois da mal chamada Guerra Civil. Ó longo daquelas páxinas podemos ler historias con un denominador común, o absurdo da barbarie perpetrada por un nacente réxime contra aqueles que podían aportar un ben, a educación, a aquela España case terceiromundista naqueles anos, ben que moitos consideraron un perigo para a conservación dos seus privilexios, e que se poden mencionar sen o menor asomo de dúbida, os caciques, a Igrexa Católica, os terratenentes, e, en xeral, todos aqueles que tiraron proveito da contenda para resolver de forma miserable disputas persoais.

As denuncias eran habitualmente falsas, ou anónimas, cando as había, porque non era tampouco raro que existise unha lista de persoas a depurar (matar, falando claro), lista elaborada polas forzas vivas do pobo (cura, cacique, alcalde, etc.), ou simplemente, secuestro por parte dunha combinación de todos estes coa Falange, ben baixo o seu uniforme ou colaborando con eles. A aplicación da Lei de Fugas era frecuente, e a legalidade, transparencia e xustiza dos procesos xudiciais era bastante discutible, cando non eran directamente unha posta en escena destinada a vestir de formalidade o asasinato dunha persoa.

Por riba de todo isto, que xa é moito, queda a represión contra as familias dos asasinados, vivindo co terror permanente do peso de ser "fillos de", nunha sociedade que, precisamente, coa desaparición desta xente, conseguiu un retroceso educativo que nos situou á cola de Europa durante décadas e do que aínda hoxe estamos recuperando a marchas forzadas. O silencio foi como unha lousa para a memoria e a conciencia de moitas persoas, que tiveron que ver en algúns casos como os seus familiares mortos eran sancionados a posterioridade, ben pola ignorancia da burocracia, ou peor, polo asañamento do réxime cos que consideraba os seus inimigos, moitas veces para deixar ás viúvas dos asasinados sen pensións. E chegando ó refinamento na crueldade, voluntaria ou non, a casos nos que os familiares dos asasinados recibiron a conmutación das penas de morte por outras máis leves, ou incluso o indulto.

O retrato, para quen teña a ben ler este libro, dunha época marcada polo sangue e o odio entre xente que convivía a diario e que non dubidou en matar, ou facer que outros mataran por eles, para resolver os seus problemas ou manías da peor das formas posibles. Asimesmo, un recordatorio de porque lembrar o noso pasado e non tapar e tirar para adiante, co perigo de non aprender nada de todo o sucedido, tanto en xente, que, como o goberno que aprobou a Lei de Memoria Histórica, non se molestan moito en aplicala, ou como outros que fan todo o posible por esquecer o pasado e dan polo mundo adiante exemplos que avergoñan ó noso país.


Recomendacións:
  • Precisamente, contra o esquecemento, podemos visitar a páxina web da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica.
  • Se podedes co libro mencionado, a pesar da súa pouca calidade literaria e tediosa estrutura, ou se precisamente isto vos fai desistir, tamén temos a posibilidade de ler "Despois da Guerra", libro de relatos baseados na durísima represión sufrida durante a posguerra nas comarcas de Ordes e Santiago, escrito por Manuel Pazos, historiador natural de Marzoa, no concello coruñés de Oroso.
Saúdos e República. 


1 comentario:

Pedrote dijo...

Me gusta la objetividad por encima de todo, así que me veo en la obligación de recordar la quema de iglesias y conventos que se produjo en toda España entre los años 1931 y 1936, y la matanza de sacerdotes, monjas y los ajustes de cuentas habidos durante la república en el otro sentido. Los que defienden la ley de Memoria Histórica deberían retrotraerse no a 1936 sino antes. Yo tuve dos bisabuelos perseguidos por los socialistas y los anarquistas (a uno de ellos, de hecho, lo mataron en Ferrol en julio de 1921, meses antes de nacer mi abuelo). También se debería saber la responsabilidad de Carrillo en la masacre de Paracuellos.
Víctimas las hubo en los dos bandos. Yo prefiero ser objetivo, y reconocer ambas injusticias.