Por fin rematou a sucesión de viaxes escolares polo máis alá... das nosas fronteiras, co breve interludio do post anterior, despois desta última viaxe volvín asustado. O salario rebaixado, a fusión das caixas de aforros por bo camiño, eventos paranormais, en fin, que me quedo unha semana máis por aí e sería como cando Ulises volveu á casa, que nin os seus o coñecían. Sen máis preámbulos, aí vai un resumo destas semanas.
23 de abril:
Chegamos ás portas do instituto ás seis menos algo da mañá (non lembraba estar tan cedo por alí sen saír de encherola), ondeos pais as nais viñeron a despedirse dos seus fillos. Para a miña sorpresa, esperaban que os trouxeramos a todos de volta, incluso parecía que o desexaban. Despois dunhas emocionadas mostras... de sono saímos rumbo a Coruña, onde tomamos o avión da Impresentable Compañía rumbo a Barcelona. Unha vez no aeroporto de Barcelona, tivemos que asumir o fallo da compañía á hora de facturar, e volver a facturar as equipaxes con destino a Riga, pero non todos, xa que os dous últimos do grupo xa estaban facturados ata destino.
Despois de tres horas e media de placenteira viaxe con Air Baltic, non é ironía, chegamos a Riga, onde para a noso espanto, vimos unha morea de neve no exterior amoreada nunha zona despois de limpar os arredores do aeroporto, así como unhas botellas de Black Balsam no duty free que inducían a pensar nos remedios caseiros contra o frío destes lugares (aínda non sabiamos o que nos esperaba en días posteriores).
De aquí, directos a cear e logo ó albergue no que pernoctamos, onde descubrimos o que pode dar de si compartir cuarto cun grupo de adolescentes armados de varias PSP, son inmunes ó sono e insensibles á percepción de que os seus profesores estean pensando en cometer algún asasinato.
23 de abril:
Chegamos ás portas do instituto ás seis menos algo da mañá (non lembraba estar tan cedo por alí sen saír de encherola), onde
Despois de tres horas e media de placenteira viaxe con Air Baltic, non é ironía, chegamos a Riga, onde para a noso espanto, vimos unha morea de neve no exterior amoreada nunha zona despois de limpar os arredores do aeroporto, así como unhas botellas de Black Balsam no duty free que inducían a pensar nos remedios caseiros contra o frío destes lugares (aínda non sabiamos o que nos esperaba en días posteriores).
De aquí, directos a cear e logo ó albergue no que pernoctamos, onde descubrimos o que pode dar de si compartir cuarto cun grupo de adolescentes armados de varias PSP, son inmunes ó sono e insensibles á percepción de que os seus profesores estean pensando en cometer algún asasinato.
(O camiño da Enerxía, rumbo ó albergue)
24 de abril:
Tras ter que levantar ós nosos discípulos cunha grúa (non eran tan inmunes ó sono), ducharme a escuras (unha nova experiencia na miña vida e un bote de champú de pelo perdido) e almorzar nunha peculiar estancia con sillóns aleopardados (omito as fotos para non facer sentir pena), saímos a coñecer Riga e sentir o frío letón nas nosas carnes. Por sorte, vimos lugares como a Casa das Cabezas Negras, co seu espectacular reloxo:
Tamén un sinfín de edificios de estilo art decó (tamén arquitectura soviética, pero é máis prescindible), un adolescente duns doce anos baixándose nun tranvía unha botella dun litro de cervexa a iso das once da mañá, así como outros lugares máis curiosos a ter en conta por se algún día hai que volver:
Aquí, o noso MP tivo outro dos seus momentos de gloria cando a guía nos explicou que o Gran Duque Vytautas (ou Gediminas, a saber) era un gran señor e guerreiro de trato despectivo coas mulleres:
- Eso es... un pederasta, ¿no? - sentenciou MP.
- Creo que se confunde, profe. Creo que quería decir que era homosexual. - terciou unha compañeira de MP -
- Non sei, xa non o teño moi claro, estaba mirando para os chinos estos que temos acoplados.
- Vaia morro teñen, profe. Dicímoslles algo?
(MP, 2 - Lóxica, 0)
Ante os derroteiros de posible violencia gratuita interracial que tomaba o asunto, decidín enfrascalos nunha cuestión sobre o significado da pederastia e así reconducilos ás explicacións da guía, o que, milagrosamente, funcionou. Non teño moi claro que hoxe saiban o que é a pederastia nin que lle fixeran caso á guía, pero polo menos pasaron dos chinos, que todo hai que dicilo, espantaron en canto empezaron a ver que a atención do grupo se desprazaba da guía cara a eles.
(Continuará...)
Despois de comer, abandonamos Riga rumbo a Vilnius, facendo escala para visitar un bonito castelo no camiño, onde tivemos ocasión de ver unha estremecedora tenda de souvenirs:
Non sei como serían os regalos do seu interior, pero conseguín cruzar a fronteira sen preocuparme moito polo tema. Unha vez en Lituania, diriximos os nosos pasos (do autobús) á capital, Vilnius, onde nos agardaba un albergue fresco, fresquiño, e digno das mellores pelis de Paul Naschy, onde o resfriado que levaba empezou a producir uns tusidos de tuberculoso terminal que metían medo.
25 de abril:
A mañá empezou fresca, pero comparada co frío letón do día anterior, parecía case de verán. Como, por sorte, compartía habitación con outra profe, non sufrín os ataques das PSP nin os ronquidos ultrasónicos do condutor do autobús, co cal estaba suficientemente desperto.
Recollemos á nosa guía, que falaba un inglés que había que agarrarse para entendela, e vimos Vilnius, cidade non tan bonita como o centro de Riga, pero infinitamente mellor coidada, onde entramos nunha igrexa ortodoxa e tiven o seguinte diálogo con un alumno (no sucesivo, MP = Mente Peculiar):
- Esa cruz es distinta, ¿no?
- Si, son cristiáns ortodoxos.
- ¡Ah! Esos son los cristianos que no creen en Dios, ¿verdad?
- Hmmmm!
Ata aquí xa íamos derrapando, pero cando descarrilamos foi cando non tiven mellor ocorrencia que tratar de aclararlle a MP a diferencia entre as diversas ramas do cristianismo, pero como estaba tocando algo de oído, disperseime un pouco:
- Son todos cristianos, pero hai cousas que non comparten. Por exemplo, os protestantes negan a virxindade de María e non cren que Xesús fose enxendrado de forma distinta ó resto dos seres humanos.
- ¡Hombre! Es que se te aparece un ángel y te dice: "¡Hala, estás preñada!". Eso no hay quien se lo crea.
(MP, 1 - Lóxica, 0. E o partido aínda estaba empezando)
A visita a Vilnius transcorreu sen maiores novidades e logo fomos a ver o castelo de Trakai, onde ademais de contar con uns chinos que se nos acoplaron ó grupo gorroneando a visita guiada, disfrutamos das vistas do lugar e tamén probamos un dos pratos típicos da gastronomía local, os cepelinai. Sobre o sabor, división de opinións, a do autor do blog é favorable.

(Cadro de mandos do noso autobús. Ferrari?)
De aquí, volta para o autobús de altas prestacións, e rumbo a Klaipėda, onde vivimos unha das escenas máis insólitas das nosas vidas. Os alumnos seguían no autobús rumbo á veciña poboación de Gargždai, onde ían atoparse coas familias de acollida, mentres que os profesores baixamos para quedarnos no hotel que ía ser a nosa base e cando baixamos do autobús pegáronse todos ós cristais cara o noso lado facendo xestos de que non os deixaramos sós, tiñan unhas caras que parecía que os mandabamos a un campo de concentración. Os nosos alumnos quérennos! Nin que dicir ten que chegamos anonadados ó hotel e se non fose polo que estaba tusindo diría que estabamos soñando, de todas formas, decidimos ir cear e tomar unhas cervexas para asegurarnos. O da interacción da cervexa co resfriado e os antigripais xa é outro tema...
(Continuará...)
2 comentarios:
Y cuál es el resultado final del enfrentamiento MP - Lógica???
Sairá en próximos capítulos. Pero, por suposto, MP vai saír triunfante por goleada. Por algo é un dos protagonistas, e neste caso a realidade imita á ficción, onde o bo nunca perde.
Publicar un comentario