14/6/10

373. Tenrura vacuna


"Seica che gustan as de ollos grandes? Pois compra unha vaca"

(Uns sentimentais, os meus alumnos)

Recomendacións:

"L.S.S.: ¿Él no vio cuando tomaste el piolet?
D: No.
L.S.S.: Inmediatamente después de que le asestaste el golpe, ¿qué hizo este señor?
D: Saltó como si se hubiera vuelto loco, dio un grito como de loco, el sonido de su grito es una cosa que recordaré toda la vida."

  • Para tratar de remontar un pouco o nivel despois do alarde inicial de burromanticismo, deixo a recomendación do último libro que lin, case devorei de ben que está, "El hombre que amaba a los perros" de Leonardo Padura. Unha aproximación á historia do asasinato de Trotski e á do seu executor, Ramón Mercader, mediante un cruzamento de narracións nas que ademais obtemos un interesante retrato da época que lles tocou vivir.
    (Reflexión: Non tedes coñecido a alguén que lle chamara "Trosqui" ou similares ó seu can? Parece como se en tempos, a Galicia rural fose un reduto da ortodoxia comunista. Pola contra, cantos cans coñecedes ós que lle chamaran "Lenin" ou "Stalin"? Contraditorio, como a propia Galicia.)
  • Outros sentimentos son os de "Vertigen", do álbum "Liquid" do grupo inglés Recoil. Capaz de poñer os pelos de punta... ata os das vacas.


1 comentario:

Pedrote dijo...

Tienes unos alumnos que no te los mereces, no se de qué te quejas (risas).

Por cierto, pocos magnicidios han sido tan bestiales como el de Trotski.