Como veremos máis adiante, non aprendemos da historia, e consecuentecuentemente, tal e como dixo Karl Marx, estamos condenados a repetila, así que imos ir ó principio e facernos eco da historia contada en 1841 por Charles Mackay.O salario medio anual era duns 150 floríns, mentres que os prezos dos tulipáns non coñecían límites, en 1623 por un bulbo podíanse pagar facilmente 1000 floríns, chegando a alcanzarse por un bulbo da variedade Semper Augustus (o da imaxe) o desorbitante prezo de 5500 floríns.
Ó respecto desta variedade conta Charles Mackay, a anécdota dun mariñeiro que, famento, confundiu un destes bulbos cunha cebola e antes de que o dono, que viña de pagar por el uns 3000 floríns, se percatase, o bulbo xa estaba no estómago do pobre mariñeiro, que inmediatamente foi detido e condenado a seis meses de cárcere (é de esperar que polo menos alí estaría alimentado).
Pero como tódolos contos, chega o final, así que despois da subida final de prezos provocada pola peste bubónica (fixo escasear a man de obra), o día 6 de febreiro de 1637, despois da venda o día anterior de 99 bulbos por 90000 floríns, sucedeu o inaudito: unha poxa por medio quilo de tulipáns con un prezo de saída, ata entonces ridículo, de 1250 floríns, quedou deserta.
A burbulla rebentara, o pánico tomou posicións vendedoras nos mercados e pasou o que era previsible, as hipotecas sobre casas, contratos de traballo gratis durante quince anos, e todo tipo de desvaríos financeiros xurdidos da necesidade da dar entrada a todo a xente no mercado, rica ou pobre, caeron na ruína. Como consecuencia, Holanda, ata aquel momento a máis próspera economía europea, e polo tanto mundial, acababa de quebrar e entrar nunha profunda depresión; os seus habitantes podían adornar as súas roupas con fermosas flores para os paseos por diante das casas que xa non eran súas.
Tal vez, se cambiamos datas, países e tulipáns por, por exemplo, ladrillos, tal vez non nos custe moito poñernos en situación. Comunistas ou non, hai que darlle a razón a Marx e apañar a labazada que nos da a historia. Se buscamos na rede veremos que non son os dous únicos casos, pero parece que estamos condenados a caer unha e outra vez, como émulos de Sísifo.
Recomendacións:
- Se a alguén lle resulta moi árido ler todo o anterior, pode ver un bonito documental da Canle de Historia, no cal conta o fenómeno da Tulipomanía.
- Unha divertida visión de Siniestro Total sobre a economía, o seu tema "Superávit", do seu segundo disco "El regreso". O tema é unha versión de "Go and get it" do grupo holandés, como non podía ser de outra forma, Gruppo Sportivo.

.jpg)
