Despois do zombi-post inicial, atopei algunhas cousas máis relacionadas co tema, destacando entre elas "Apocalipsis Z", novela do pontevedrés Manel Loureiro que foi publicada como consecuencia do éxito do blog homónimo, que empezou como unha especie de diario (o que fai moi atractivo como formato, aquí está a primeira páxina para poder ver o formato orixinal) e grazas ó boca a boca foise facendo cada vez máis coñecido ata chegar ó papel.
A cousa foi tan ben que xa hai unha segunda parte, "Los días oscuros", á espera de ser publicada, posiblemente este outono.
Ademais, tamén me chegou este curioso (a cursiva é porque non atopo palabras) vídeo, vía Fran, no que se nos avisa claramente dos perigos das drogas, o que non advirte é dos perigos do vídeo en si, momentazos frikis en sicodélica sucesión crecente. Moi forte o do pelo afro!
Recomendacións:
- Unha vez recuperados, imos dar un xiro radical, rematei onte a novela "Tenemos que hablar de Kevin", de Lionel Shriver, relato en forma de cartas no que podemos apreciar o que é ter un pequeno psicópata na casa, e que introduce algúns temas para debater que poden dar bastante que pensar.
- Por suposto, a novela "Apocalipsis Z".
No hay comentarios:
Publicar un comentario