19/8/09

13. π e 2576980377524


Este é o número que debería ter saltado onte ás portadas dos medios cando tivemos ocasión de ler sobre o novo récord de cálculo de decimais do número PI por parte dun equipo de investigadores xaponeses. E non como lemos en algún sitio, dous trillóns e medio de cifras. Lembremos que os billóns, trillóns, etc. non son o mesmo en español que en países da órbita anglosaxona. (Aquí queda a explicación).
Polo tanto, e para deixalo claro, aproximadamente dous billóns e medio.

Para que? Realmente o cálculo de cifras deste número en si non ten gran utilidade se coñecemos algo sobre a aproximación de erros, xa que con unha cantidade pequena de decimais exactos deste número as necesidades da Física e a Matemática están perfectamente cubertas. A necesidade real deste tipo de cálculos hoxe en día é como banco de probas de novos superordenadores, mediante algoritmos que permiten avaliar de forma obxectiva a capacidade de ditos ordenadores.

Por se alguén ten curiosidade, aquí pode satisfacela plenamente: 16000 decimais de pi; xa sei que ata dous billóns e medio falta moito, pero para ir empezando non está mal, sempre que non queirades emular a Akira Haraguchi, claro.
Non tanto, pero polo menos un pequeno esforzo é o que deberían ter feito os creadores dos créditos de entrada e póster da película "Pi", na cal, como ben nos ilustra este post de Microsiervos, os decimais de pi son incorrectos a partir do noveno. O que si hai que ter claro, como ben cita a película varias veces e que "As matemáticas son a linguaxe da Natureza".

E se ademais de curiosidade, alguén se aburre moito, pero moito, moito, pode cantar a seguinte canción, a letra é moi simple: "Three, one, four, one, five, nine, two, six, five, three, five...". Dado que temos infinitas cifras, podemos facer versión single, versión politono, etc.

Recomendacións:
  • En primeiro lugar, o resto dos enlaces da páxina citada de Microsiervos.
  • Por suposto, ver a película, densa e enfermiza por momentos, pero curiosa e interesante, tanto polo contido como pola súa estética. Aquí queda un fragmento.
  • Escoitar a banda sonora da película, onde aparte de temas prestados de grupos como Massive Attack ou Autechre, están os temas compostos por Clint Mansell, dos cales queda aquí o que podemos escoitar cos créditos de entrada da película, Pi R^2.

No hay comentarios: