Publicado en España como “Zombi: Guía de supervivencia”, parece unha inmensa tontería, e aínda máis, posiblemente o sexa. Pero unha vez que empezamos a ler este libro como un divertimento e levamos unhas poucas páxinas, descubrimos que estamos razoando sobre os consellos que Max Brooks (fillo de Mel Brooks e Anne Bancroft, a inesquecible Mrs. Robinson que seducía a Dustin Hoffman) nos ofrece para sobrevivir a un ataque zombi, e incluso pensando como poder aplicalos en caso de necesidade. Dun modo totalmente científico, o autor parte da hipótese de que converterse nun zombi é algo causado por un virus chamado Solanum, que provoca que o cerebro non necesite osíxeno e fai que o organismo continúe aparentemente vivo a pesar de non realizar as súas funcións vitais. Dito virus só se transmite a través do contacto de fluídos, xeralmente por mordeduras. A partir de aquí establece de forma meticulosa todo un conxunto de normas e consellos que inclúen todo o relativo, e quen sabe se necesario, a:
- mitos e realidades dos zombis
- armas e técnicas de combate
- como defenderse
- como escapar
- como atacar
- como sobrevivir nun "mundo zombi"
Finalmente, hai un apartado no que se detallan diversos ataques destes seres "documentados" ó longo da historia, desde o 60000 a.C. ata a actualidade, o que ilustra a modo de exemplos prácticos todo o descrito nos capítulos anteriores.
En fin, toda unha guía apropiada para aqueles que gustan de estar preparados para todo.
- Do mesmo autor: "World War Z" (Unha historia oral da Guerra Mundial Zombi)
- Para escoitar: algo máis poético, pero tan tenebroso ou máis que os non-mortos, o tema “La libertad”, do álbum Tormenta de tormento (1991) de Corcobado y Los Chatarreros de Sangre y Cielo.
2 comentarios:
Lo único que escuché de Corcobado fué una versión de una canción de Elvis Presley tan tenebrosa, distorsonada y acojonante que, me vas a disculpar, pero no pienso seguir tus recomendaciones.
P.D.- Susopremo, insisto ...
http://www.ondacero.es/OndaCero/Julia-en-la-onda/Gabinete/R_2021877_2400537
En este enlace puedes escuchar uno de los gabinetes del programa de Julia Otero, en el que hacen referencia a cantidad de literatura zombi, en particular, la adaptación de grandes clásicos de la literaruta, como "El Quijote zombi", "Orgullo y Prejuicio zombi", ...
Publicar un comentario