Durante a viaxe por Escocia deste verán, percorremos a fermosa cidade de Edimburgo, e nela, unha das máis fermosas rúas, a Royal Mile (o artigo en inglés é moito máis completo). Como xa sabiamos, en Escocia hai máis equipos de fútbol que os xigantes de Glasgow, o Celtic (católicos pro-irlandeses) e o Rangers (protestantes pro-británicos), e en concreto, na cidade de Edimburgo está o Heart of Midlothian FC, fundado en 1874. O nome do equipo, así como o seu escudo ven tomado dun curioso adoquinado existente na Royal Mile, e que lembra o lugar onde estivo situada a antiga prisión de Edimburgo desde o século XV ata a súa demolición en 1817.
(Aquí podemos comparar o escudo futbolístico coa súa orixe)
O corazón no chan está situado a carón da Catedral de St. Giles, que, como ben podedes ler no artigo wikipédico, non é unha catedral propiamente dita. Esta é a primeira curiosidade, pero a mellor é a referida á tradición/tradicións do corazón en cuestión, curiosidade que nos contaron durante a unha visita guiada a un cemiterio (que pasa?, non todo van ser museos, non?) que contarei en algún post futuro.
Resulta que a primeira tradición conta que durante un paseo por esta rúa dunha parella de namorados, o home ve o corazón no chan, axeónllase diante dela e pídelle matrimonio. Ela acepta commovida polo xesto e selan o seu amor con un bico abrazados neste punto do chan. A partir de aquí, empeza a tradición de que se queres atopar un novo amor ou conservar o que tes, debes bicar o corazón do chan cando esteas alí.
A segunda tradición, algo máis desagradable, conta que neste punto estaba a porta da prisión e cando os presos entraban a cumprir as súas penas de cárcere, cuspían no chan a modo de desprezo polo lugar, o que da orixe o costume de cuspir no chan, xusto sobre o corazón. Este último costume, ben comprobado en directo dados os restos de saliva que por alí vimos (E chicles, para completar a desfeita. Tamén hai quen di que son hinchas do Hibernian FC, o outro equipo da cidade, a modo de ofensa).
Co cal queda moi claro que a primeira recomendación (sanitaria) deste post vai ser que teñades coidado coas tradicións que non coñezades completamente, a menos que como dixo a nosa guía, quierades sentir "o auténtico sabor da cidade de Edimburgo".

Recomendación:
Xa que falo de escoceses, aquí queda un tema, "Tracy", dunha banda de rock escocesa, Mogwai, e que está incluída no altamente recomendable álbum Young Team, ou ben o tema de apertura do mesmo álbum, "Yes I am a long way from home". (Ou, xa postos, o resto dos temas do disco, que son exactamente igual de preciosos ou máis).
No hay comentarios:
Publicar un comentario