Levo uns días observando desde a casa un portento de inxenio e reaproveitamento dos materiais, neste caso o tradicional e case diría universal cordel de alpaca, laranxa, como mandan os canóns, que o mesmo serve para atar as alpacas que para realizar reparacións en automóbiles, como ben podedes apreciar na seguinte foto que tomei esta tarde despois de non poder resistir máis e saír cámara en ristre á caza de tan lamentable imaxe. Aí vos queda:
Xa sei que alguén pode insinuar que non é exactamente así, que a imaxe está photoshopeada, etc, etc. Tedes razón, utilicei o Photoshop, para tapar a matrícula, aínda que estiven tentado de deixala, máis que nada por se alguén coñece ó dono, que o felicite por este alarde de inxenio.
Recomendacións:
- Ide a un taller se tedes problemas co coche. Seguro que vos sae máis caro, pero alomenos non saíredes en malvados blogs de xente malvada. (Debería ter deixado a matrícula á vista? A dúbida aínda corroe a miña retorcida alma. Aaggh!)
- Para salvar este post da mediocridade, deixo aquí algo con máis clase (non me atrevo dicir estilo, porque a foto está chea de estilo, penoso, pero estilo). Dos irlandeses Thin Lizzy, o tema "Whiskey in the jar".
No hay comentarios:
Publicar un comentario